Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta tramitou xa 700 axudas para reparar os danos ocasionados polos incendios

A Xunta tramitou xa 700 axudas para reparar os danos ocasionados polos incendios

Os establecementos comerciais e turísticos comezarán a cobrar as axudas en dúas semanas 

2,2 millóns de euros para reparar danos e perdas nas explotacións gandeiras e agrícolas 

Segue aberto o prazo para solicitar as axudas para a reconstrución das vivendas queimadas

G24.gal 15/09/2022 14:44

Antes de que remate o ano, todas as persoas damnificadas polos incendios que asolaron Galicia este verán disporán das axudas comprometidas polo Goberno galego para reparar os danos causados polo lume.

Os primeiros en recibir esas subvencións serán os establecementos comerciais e turísticos, cuxo importe ascende a 106.000 euros. O presidente da Xunta anunciaba este xoves que “hoxe activamos xa o sistema de pago e polo tanto, non máis alá, antes de que remate o mes, os beneficiarios xa as cobrarán”.

O resto das axudas tramitadas ata o momento, 685, faranse efectivas antes de que remate o ano. A gran maioría, 639, atende a cobertura dos danos ocasionados en explotacións gandeiras e agrícolas por valor de  2,2 millóns de euros.  

Para a reparación e infraestruturas de uso público en montes veciñais e man común a Xunta  vai destinar 202.000 euros e outros 173.0000 para protección dos solos e a recuperación de hábitats en terreos cinexéticos. E en conversas aínda cos concellos, destinaranse  300.000 euros na reposición de bens municipais.

Alfonso Rueda asegurou que “o que fixemos foi aprobar esas axudas con prazos curtos e trámites sinxelos para empezar a facelas efectivas que o que a xente precisa”.

Co prazo de solicitude aínda aberto ata o 2 de novembro, xa se recibiron 20 solicitudes para a reconstrución de vivendas por importe dun millón setecentos mil euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade