Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta reduce o número de territorios con obriga de declarar a chegada a Galicia

A Xunta reduce o número de territorios con obriga de declarar a chegada a Galicia

Exentos os viaxeiros procedentes das Canarias, das Baleares, Valencia, Murcia, Ceuta e Melilla

Da Unión Europea mantén a obriga só Dinamarca

G24.gal 11/01/2022 11:07

Sanidade reduce o número de territorios cuxos viaxeiros teñen a obriga de declarar a súa chegada a Galicia. Segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG), están exentos desta declaración os viaxeiros procedentes das illas Canarias e Baleares, das comunidades autónomas de Valencia e Murcia e das cidades autónomas de Ceuta e Melilla; para o resto das comunidades autónomas mantense a obriga de realizar a declaración ao Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Dos países pertencentes á Unión Europea só se mantén a obriga para os viaxeiros procedentes de Dinamarca.

Para os países de América, a consellería de Sanidade obriga a que comuniquen a súa entrada en Galicia aos viaxeiros procedentes de Ecuador, Guatemala, Honduras, Nicaragua, O Salvador, Paraguai, Venezuela, Haití, Nicaragua e Xamaica.  

Os países asiáticos que figuran no listado da Xunta para que as persoas comuniquen a súa chegada son Bangladesh, A India, Irán, Iraq, Líbano, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Camboxa, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, O Nepal, Paquistán, Siria e O Iemen.  

Segundo a listaxe publicada no DOG, a Xunta prevé a declaración obrigatoria para todos os países de África e exime a todos os de Oceanía.

Os viaxeiros que estivesen nos últimos 14 días nun destes países da listaxe teñen un prazo de 24 horas para comunicar a súa chegada, os seus datos de contacto e a súa estadía en Galicia. Pódeno facer a través da web https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou do teléfono 881 00 20 21.  

A Xunta lembra que esta resolución, que entrará en vigor este mércores, 12 de xaneiro, será obxecto de actualización nun prazo máximo de 15 días naturais.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos