Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta envía unha mensaxe ES-Alert aos veciños afectados polas chuvias intensas

A Xunta envía unha mensaxe ES-Alert aos veciños afectados polas chuvias intensas

A mensaxe foi enviada aos móbiles dos cidadáns que se atopan nos 16 municipios do interior da provincia de Pontevedra

Dende a sede do 112, o presidente Alfonso Rueda pedía prudencia, extremar as precaucións e evitar desprazamentos innecesarios

G24.gal 25/01/2026 19:25 Última actualización 25/01/2026 21:07

A Xunta enviou este domingo un ES-Alert por alerta vermella de fortes choivas para este luns, no interior da provincia de Pontevedra, de maneira preventiva para garantir a seguridade da poboación, ante o elevado risco de inundacións asociadas a precipitacións intensas.

A mensaxe foi enviada aos móbiles dos cidadáns que se atopan nos 16 municipios do interior da provincia de Pontevedra afectados pola previsión de fortes choivas, varios deles lindeiros coa provincia de Ourense.

Trátase dos concellos de Agolada, Campo Lameiro, A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

O 112 precisou que a mensaxe foi enviada de maneira preventiva á poboación co obxectivo de reforzar as medidas de autoprotección e reducir os riscos, recomendando evitar desprazamentos innecesarios, afastarse dos ríos, torrentes e zonas inundables e extremar a precaución tanto na vía pública como na estrada".

O servizo lembra a importancia de manter a calma, atender á información oficial e chamar ao 112 unicamente en caso de emerxencia.

Pouco despois, o presidente da Xunta publicaba un chío na súa conta da rede social X. Alfonso Rueda explica que a alerta vermella decretada obriga a adoptar medidas extraordinarias. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade