Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alerta amarela en Valdeorras este mércores con valores de máis de 40º

Alerta amarela en Valdeorras este mércores con valores de máis de 40º

Poderíanse superar os 36 graos en zonas do Miño e no sur de Ourense e de Lugo

Persoas refréscanse no río Avia en Leiro na provincia de Ourense. (EFE / Brais Lorenzo) Persoas refréscanse no río Avia en Leiro na provincia de Ourense. (EFE / Brais Lorenzo)
G24.gal 29/07/2026 09:06

A onda de calor segue deixando valores extremos en Galicia, con temperaturas por encima dos 40 graos na provincia ourensá.

Segundo os datos remitidos por MeteoSalud e Meteogalicia, no ámbito do Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas, este mércores, día 29, a comarca de Valdeorras permanecerá en nivel 1, amarelo.

Os termómetros deixaron na xornada este martes outra xornada calorosa, con temperaturas máximas de 40,1 graos ás catro da tarde e valores por encima dos 39 °C na zona do Miño de Ourense e Valdeorras.

Ademais, os concellos de San Clodio, en Ribas de Sil (Lugo), e as estacións de Portela, en Vilamartín de Valdeorras, e a EVEGA, en Leiro, superaron tamén os 39 graos.

De feito, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) activou para este martes unha alerta laranxa por altas temperaturas na zona do Miño ourensán.

Ante esta situación, AEMET mantén para este mércores un aviso amarelo en varios puntos da provincia de Ourense debido á previsión de temperaturas moi elevadas. En concreto, poderíanse superar os 36 graos en zonas do Miño e no sur de Ourense e de Lugo.

Para facer fronte a esta situación, as autoridades sanitarias recomendan extremar as precaucións nas horas centrais do día, manterse ben hidratado, evitar a exposición prolongada ao sol e prestar especial atención ás persoas maiores, aos menores e aos colectivos máis vulnerables. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade