Publicador de contidos

Publicador de contidos

A venda de Brais sitúase no 'top 3' de ingresos para o Celta

A venda de Brais sitúase no 'top 3' de ingresos para o Celta

Só é superada pola de Lobotka (21 millóns de euros) e Nolito (18)

G24.gal 05/07/2022 13:59

Non é o Celta equipo de grandes operacións económicas nin negocios daqueles que antes daban en chamarse, "de campaíñas". Mais é certo que algúns bos acordos xa fixo.

A operación Lobotka cadra como a máis suculenta para o peto celeste. Foi en 2020, levou o eslovaco dende Vigo a Nápoles e deixou dos italianos 21 millóns de euros na caixa da rúa do Príncipe. Lobotka chegara tres anos antes a Vigo.

No ranking, a segunda posición ocúpaa Manuel Agudo Durán, Nolito. Foi o protagonista dunha viaxe de Vigo a Manchester para fichar polo City de Guardiola en 2016. Os árabes pagaron por Nolito 18 millóns de euros a un Celta que o fichara do Benfica dou anos atrás.

Maxi Gómez era ata o de agora o terceiro mellor negocio no libro de contas. O dianteiro centro uruguaio chegou en 2017 para probar no fútbol europeo e dúas campañas despois abandona Vigo camiño de Valencia tras marcar 31 goles de celeste. Na contabilidade galega deixou 14 millóns e medio de euros.

Para o resto das seis máis grandes operacións de traspaso hai que ir ao comezo do século. No ano 2000 Claude Makelele fichaba polo Real Madrid despois de dúas ligas no Celta e deixaba na gabeta dos cartos 14 millóns da época, que aínda se contaban en pesetas: dous mil trescentos millóns delas.

Polo arxentino Mario Turdó o equipo vigués ingresou xa menos. Dez millóns de euros pagou o Rennes francés dúas tempadas despois de recalar en Vigo procedente do Independente de Avellaneda.

A operación "Aspas go to Liverpool" é agora, a sétima máis importante en cartos de cantas leva argalladas o Celta na súa historia. O moañés marchou a Inglaterra en 2014 deixando máis de 10 millóns e medios de euros na cartilla de aforro dun Celta que agora traspasa a Brais Méndez e xa se move nos mercados coa solvencia dun equipo de nivel medio-alto.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar