Publicador de contidos

Publicador de contidos

A UE aproba a Declaración de Granada sen incluír a inmigración por Polonia e Hungría

A UE aproba a Declaración de Granada sen incluír a inmigración por Polonia e Hungría

Os 27 si aprobaron unha declaración conxunta sobre o resto de temas abordados no cumio 

G24.gal 06/10/2023 17:33

A oposición de Polonia e Hungría ao pacto da Unión Europea sobre migración e asilo impediu aprobar no cumio informal de Granada unha declaración final sobre migración apoiada por todos os estados membros.

No seu lugar, o presidente do Consello Europeo, Charles Michel, publicou o seu propio texto sobre ese tema, segundo indicaron fontes comunitarias. Con todo, os líderes dos 27 estados membros si aprobaron unha declaración conxunta sobre o resto de cuestións abordadas no cumio informal deste venres celebrado na cidade andaluza.

Á marxe da migración, non incluída na Declaración de Granada aprobada por todos os xefes de Estado e Goberno da UE, este venres os líderes dos 27 abordaron temas como a ampliación do club comunitario coa futura entrada de novos estados membros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade