Cargando resultados...
A selección sub-20 afronta os cuartos de final do Mundial
Os de Gallardo enfróntanse con Colombia a partir das 22:00h
G24.gal
11/10/2025 14:15
A selección española sub-20, na que está o deportivista David Mella, xoga este serán os cuartos de final do Mundial ante Colombia, logo de eliminar a Ucraína nos oitavos. Se España gaña hoxe lograría estar en semifinais por quinta vez na súa historia sabendo da dificultade que entrañou xa chegar ata aqui.
O seleccionador, Paco Gallardo, está confiado: "Somos conscientes da dificultade de estar nun mundial, e de pasar a fase de grupos. Temos gana de facer cousas importantes", indicou na previa.