Publicador de contidos

Publicador de contidos

A selección española sub-20 queda eliminada do mundial contra Colombia (2-3)

A selección española sub-20 queda eliminada do mundial contra Colombia (2-3)

A selección foi quen de remontar o gol de Villarreal na segunda metade, pero o colombiano anotou outros dous goles no treito final

No tempo engadido o árbitro indicou penalti a prol de España, pero sacouno fóra tras consulta

Foto: EFE Foto: EFE
G24.gal 11/10/2025 23:49

A selección española rematou a súa participación no mundial sub-20 de Chile. Foi nun partido de cuartos de final trepidante, que rexistrou dúas remontas.

Adiantáronse os colombianos no treito final da primeira metade. Foi cun gol do dianteiro Neyser Villarreal, auténtico protagonista do partido. España tivo os seus mellores momentos á volta de pausa. CHegou ahí o acerto de cara a porta que faltara durante o torneo. Primeiro, unha gran acción ofensiva culminaba cun centro desde a dereita de Fortea, que remataba de primeiras á rede Rayane, era o minuto 56.

E non houbo que agardar moito, so tres mnutos, para ver o segundo. Outra boa acción entre Rayane e Jan Virgili, qyue recibiu dentro da área e, no canto de buscar un pase, disparou case sen ángulo sorprendendo a Jordan García.

Pero apareceu outra vez Villarreal. O dianteiro, implacable, anotou o empate a dous nun man a man. So pasaran 5 minutos, e todo volvía estar como ao comezo. No minuto 76 entrou no campo David Mella. Pero o protagonismo era todo para Villarreal: outro man a man, e outro remate lonxe do alcance de Fran González paradevolverlle a vantaxe a Colombia. So quedaba un minuto para o 90.

Aïnda houbo unha nova volta do partido. No tempo engadido o árbitro indicou penalto a prol de España nunha caída de Rayane. Pero revisou a xogada, e sacou a infracción fóra da liña. A falta sacouse sen consecuencias, e así remataba a andaina desta selección sub 20 no mundial. Colombia estará nas semifinais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar