Cargando resultados...
A selección española afronta o Europeo sub21 con Gabri Veiga como referente
Debutará o vindeiro mércores contra Romanía en Bucarest
G24.gal
18/06/2023 17:36
A selección española sub21 completou o último adestramento na Cidade Deportiva de Las Rozas antes de marchar cara a Bucarest, onde debutará o vindeiro 21 de xuño no Europeo da categoría. Farao diante dunha das anfitrioas, os romaneses, cos que comparte grupo xunto a Croacia e Ucraína.
A selección adestrada por Santi Denia viaxa con 23 futbolisas e un só galego na expedición. Gabri Veiga, despois da gran temporada que fixo no Celta con once goles e sete asistencias, será unha das pezas importantes de España.