Publicador de contidos
Publicador de contidos

A RFEF convoca eleccións a presidente o 6 de maio

A RFEF convoca eleccións a presidente o 6 de maio

A Comisión decidiu situar a Rafael del Amo á fronte da xestora

G24.gal 03/04/2024 18:24 Última actualización 03/04/2024 18:43

A RFEF convoca eleccións a presidente o 6 de maio. A Comisión Xestora da Federación Española de Fútbol (RFEF) aprobou por unanimidade a convocatoria de eleccións á presidencia, para finalizar a lexislatura 2020-2024 e o mandato de Luis Rubiales, para o próximo 6 maio.

A convocatoria será oficializada o venres 5 de abril e partir do día 7 abrirase un prazo de cinco días naturais para a presentación de candidaturas. Cada unha destas deberá contar cun mínimo de 21 avais dos membros da Asemblea Xeral.

Por último, o presidente da xestora, Pedro Rocha, anunciou a súa dimisión, dando por finalizada esta etapa de transición que se prolongou durante case sete meses e que abrirá paso a unhas novas eleccións. A Comisión decidiu situar a Rafael del Amo á fronte da xestora.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar