Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía rexistra os despachos de dous eurodeputados socialistas de Italia e Bélxica

A policía rexistra os despachos de dous eurodeputados socialistas de Italia e Bélxica

Buscan novas probas sobre a súa posible relación coa trama de corrupción do Qatargate

G24.gal 06/06/2023 21:20 Última actualización 06/06/2023 21:36

A policía belga volve entrar no Parlamento Europeo para rexistrar de novos os despachos de dous eurodeputados socialistas implicados na presunta trama de corrupción do Qatargate.

Na Televisión de Galicia puidemos acceder ata a mesma porta dunha desas dependencias e comprobar que efectivamente foron precintadas.

Nun corredor ás escuras, no medio das dependencias dos socialistas no Parlamento Europeo, que están iluminadas, o despacho do eurodeputado italiano Andrea Cozzolino volve estar pechado pola policía belga, que entrou na procura de probas sobre a súa relación e vínculos coa presunta trama de corrupción do Qatargate.

Fixérono logo das entrevistas da exvicepresidenta da Eurocámara Eva Kailli nos medios os últimos días, en que denunciaba que todo era un complot dos servizos de espionaxe belgas.

Iso parece que se desmonta, porque a policía volveu rexistrar este despacho e tamén o de Marc Tarabella, outro dos eurodeputados implicados, para tentar atopar novos vínculos e a trama de corrupción.

Houbo informacións que apuntaban ao rexistro das dependencias de Iratxe García, a xefa de todos os socialistas na Eurocámara.

Pero na TVG podemos desmentir esas informacións. Dinnos fontes socialistas que non é certo e eses rexistros non aconteceron.

De momento, a policía belga só entraría nos despachos dos dous eurodeputados na procura de novas probas sobre a súa relación e asociacións coa trama de corrupción de Qatargate.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade