Cargando resultados...
A polémica impídelle ao Pontevedra aproveitar o empate do Adarve
G24.gal
27/02/2022 19:19
O Pontevedra empatou sen goles contra o Marino de Luanco nun partido marcado pola polémica arbitral. Os de Ángel Rodríguez, logo dunha mala primeira parte na que as ocasións máis claras foron visitantes, apertaron na segunda na busca de tres puntos que os situaran a só un do líder Unión Adarve.
Primeiro foi Álex González o que gozou da mellor oportunidade para rachar coa igualada, pero topou co gardamallas. E aí entrou o árbitro como protagonista. Primeiro anulándolle un gol a Charles por falta de Yelko Pino ao porterio, e despois e sobre todo non sinalando un penalti moi claro sobre Brais Abelenda.
Ao final, 0-0 e moitas protestas e cartóns no final do partido.