Publicador de contidos

Publicador de contidos

A patronal bancaria di que vai mellorar a atención aos maiores

A patronal bancaria di que vai mellorar a atención aos maiores

Nas próximas horas enviará ao Ministerio de Asuntos Económicos o seu plan contra a exclusión dos maiores

Abanca amplia horarios e manterá abertas as oficinas nos municipios onde son a única entidade 

G24.gal 09/02/2022 14:19

As denuncias dos maiores fixeron reaccionar os bancos. A patronal bancaria que agrupa as principais entidades di que vai mellorar a atención dos maiores e a entidade con maior presenza en Galicia, Abanca, tamén anuncia novidades na atención, ao igual que o Banco Santander.

A entidade financeira ampliará o horario de atención en caixa ata as dúas da tarde e comprométese a manter abertas as oficinas nos 134 municipios onde é a única entidade. Reforzará ademais a atención aos maiores poñendo á súa disposición xestores persoais nas oficinas e canles telefónicas.

Pola súa banda, a patronal enviará nas próximas horas o seu plan contra a exclusión dos maiores ao Ministerio de Asuntos Económicos, o mesmo onde onte se rexistraban as máis de 600.000 sinaturas da campaña 'Son maior, non idiota' coas que se pide un trato máis humano ante as dificultades que teñen os maiores para manexarse coa banca dixital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade