A participación do 23X foi do 70,18 %, case catro puntos máis que en 2019
Nesa participación compútanse os 2,4 millóns de votos por correo, unha cifra histórica
Marlaska agradeceu o traballo dos máis de 90.000 efectivos das forzas de seguridade que velaron polo desenvolvemento pacífico desta cita coas urnas

A participación nas eleccións xerais deste domingo foi do 70,18 por cento, case 4 puntos máis que as cifras rexistradas nas Elección Xerais do 10 de novembro de 2019, cando foi do 66,23 por cento.
Son datos do Centro Nacional de Difusión de Datos Electorais dos que deron conta o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, e a voceira do Goberno, Isabel Rodríguez.
Ambos agradeceron aos cidadáns a súa participación nas urnas e a normalidade coa que se desenvolveu a xornada, con mención especial para os membros das mesas que tiveron que lidar contra as temperaturas de xullo.
Marlaska agradeceu o traballo dos máis de 90.000 efectivos das forzas de seguridade que velaron polo desenvolvemento pacífico da cita coas urnas.
Pese á calor e ao período de vacacións, a afluencia aos colexios electorais foi maior do que se agardaba, aínda que hai que ter en conta que nesa participación se computan os 2,4 millóns de votos por correo, unha cifra histórica.