Publicador de contidos

Publicador de contidos

A incidencia española cae case 600 puntos nunha semana

A incidencia española cae case 600 puntos nunha semana

Baixan os contaxios diarios e a presión hospitalaria, pero soben os casos activos

A incidencia en Galicia é de 2701 casos

Tamén descende a presión asistencial tanto en planta como nas UCI

G24.gal 04/02/2022 18:41

A incidencia acumulada caeu na última semana 580 puntos, ata os 2.299 casos este venres, con 74.937 novos contaxios certificados no último día, datos que apuntan que a curva de transmisión da sexta onda prosegue o seu descenso e aos poucos alivia a ocupación hospitalaria.

Segundo os datos do Ministerio de Sanidade, a presión nas unidades de coidados intensivos descendeu do 22,2 % ao 19,9 %, mentres que en planta alixeirouse do 15 % ao 13 %, aínda que polo menos unha ducia de territorios continúan con ambos os indicadores moi por encima do limiar de risco moi alto.

No último día consignáronse 195 decesos, os últimos que foron comunicados polas comunidades autónomas (833 na última semana), de forma que ascende a 94.235 o total de falecementos desde o inicio da pandemia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar