Publicador de contidos

Publicador de contidos

Baixan os contaxios diarios e a presión hospitalaria, pero soben os casos activos

Baixan os contaxios diarios e a presión hospitalaria, pero soben os casos activos

As áreas sanitarias de Ourense, Pontevedra e Ferrol son as únicas que restan persoas co virus

Jessica Fernández 04/02/2022 10:14

Os casos activos seguen aumentando lixeiramente (+425) e pasan, outra vez, dos 62.000. A gráfica da sexta onda xa non é unha curva, é unha gráfica de dentes de serra en que hai picos de subida e de baixada constantes. En total, hoxe hai  62.141 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, os contaxios diarios baixan en máis de mil con respecto ao día anterior e rexístranse 4.807 nas últimas 24 horas

repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 13.452 (+28)

Vigo: 16.299 (+248)

Ourense: 6.028 (-75)

Santiago: 10.511 (+246)

Lugo: 6.429 (+63)

Pontevedra: 6.504 (-72)

Ferrol:  2.918 (-13)

A presión hospitalaria descende tanto en planta (-10) como nas UCI (-3), pero segue por riba dos 650 ingresos. En total, hai 627 persoas en planta e 41 en coidados intensivos.

Con todo, o Sergas notificou seis decesos por mor da covid, que alza a cifra a 2.961 falecementos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade