Cargando resultados...
A Garda Civil detén 65 persoas nunha operación contra a fraude alimentaria
A Garda Civil detén 65 persoas nunha operación contra a fraude alimentaria
Detectaron numerosas infraccións dirixidas, sobre todo, á elaboración e distribución de produtos falsificados ou de baixa calidade
![](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2022/20221126/colFRAUDEALIMENTARIA_frame_1896.1669463880.13.png)
G24.gal
26/11/2022 12:41
A Garda Civil detivo un total de 65 persoas nunha operación internacional, Opson XI, contra a fraude alimentaria e de bebidas alcohólicas, realizada en coordinación coa Interpol e a Europol. Están a ser investigadas por supostos delitos contra a saúde pública, falsidade documental e estafa, entre outros.
En España, realizáronse catorce actuacións en diversas localidades. Detectáronse numerosas infraccións dirixidas, sobre todo, á elaboración e distribución de produtos falsificados ou de baixa calidade. Había alimentos ecolóxicos, mel, froita, aceite ou derivados de carne e peixe.
![](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2022/20221126/colFRAUDEALIMENTARIA_frame_265.png)