A folla de ruta de Marian Mouriño: "Conexión coa comunidade, recuperar a paz social, sentir o Celta como propio"
A folla de ruta de Marian Mouriño: "Conexión coa comunidade, recuperar a paz social, sentir o Celta como propio"
Marián Mouriño, presidenta do Celta, impuxo as Insignias de Ouro do club a 55 celtistas que cumpriron 50 anos de antigüidade
Marián Mouriño, presidenta do Celta, impuxo as Insignias de Ouro do club a 55 celtistas que cumpriron 50 anos de antigüidade como abonados.
Abanca Balaídos acolleu un ano máis esta tradicional e emotiva cerimonia, un dos eventos máis importantes e significativos para a entidade céltica debido ao seu simbolismo. A homenaxe a estes veteranos afeccionados estivo cheo de afecto e recoñecemento por parte do Celta e de todos os presentes.
"Levades 50 anos de alegrías e tristezas. Vistes crecer a este club e coñecédelo como ninguén. É agora o noso labor iniciar con firmeza, ilusión e responsabilidade o camiño que seguiremos nos nosos próximos 100 anos de vida", sinalou Marián Mouriño.
Tamén se referiu á folla de ruta do Celta.
"Conexión coa comunidade, recuperar a paz social, sentir o Celta como propio".
"Deixar de sufrir, que a afouteza sexa valentía, a guía cara ao futuro".
"A consistencia económica obriga a optimizar os recursos para ser máis competitivos".