Publicador de contidos
Publicador de contidos

A final para decidir o campión da 1.ª RFEF verase na Televisión de Galicia

A final para decidir o campión da 1.ª RFEF verase na Televisión de Galicia

Deportivo e Castelló enfrontaranse en Riazor o 29 de maio e en Castalia o 2 de xuño

G24.gal 21/05/2024 21:20

O mércores 29 de maio xogarase o primeiro partido da eliminatoria entre o Deportivo e o Castelló que decidirá o campión da Primeira Federación. O partido de volta será o domingo 2 de xuño. A RFEF confirmou os horarios e a orde de partidos. Os dous encontros xogaranse ás nove da noite, e o primeiro disputarase en Riazor. 

A previsión era que se xogasen as dúas primeiras fins de semana de xuño, pero os dous equipos estiveron de acordo en adiantar as datas para dar vacacións canto antes aos seus xogadores e comezar a planificar a vindeira temporada en Segunda División. 

En xogo vai estar o título honorífico de campión da Primeira Federación e tamén o gañador terá o premio de quedar exento da primeira eliminatoria da vindeira edición da Copa do Rei. Os dous partidos poderán verse en directo na G2 e en Agalega.gal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade