A eslovaca Hmírová, quinto reforzo para o Deportivo Abanca
Chega do Sporting de Huelva, onde xogou as dúas últimas temporadas

O Deportivo Abanca segue reforzándose para afrontar o esixente regreso á Primeira División. A última en asinar o contrato foi a eslovaca Patricia Hmírová, xogadora internacional que estivo nas dúas últimas temporadas na máxima categoría defendendo as cores do Sporting de Huelva, pechacancelas a pasada campaña.
Hmírová trátase dunha xogadora de banda, con desborde e que nutre de bos balóns ás dianteiras. Coa súa chegada xa son cinco as incorporacións do equipo coruñés logo das fichaxes de Pancha Lara, Oriana Altuve, Vera Martínez e Marina Artero.
Elas engádense ás dez que se manteñen do cadro que acadou o ascenso: Carlota, Lucía Martínez, Ana De Teresa, Henar, Eva Dios, Millene Cabral, Raquel García, Yohana, Samara e Cris Martínez.