Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cae o Goberno dos Países Baixos tras a saída dos ministros ultras de Wilders

Cae o Goberno dos Países Baixos tras a saída dos ministros ultras de Wilders

O primeiro ministro Dick Schoof anunciou que "cae" todo o Goberno tras a saída de cinco ministros da formación de Geert Wilders

Nunha breve mensaxe en X, Wilders anunciaba antes que “sen modificación do acordo principal de Goberno, o PVV abandona a coalición”

Geert Wilders, líder da dereita radical neerlandesa (Sem Van Der Wal/ANP/dpa) Geert Wilders, líder da dereita radical neerlandesa (Sem Van Der Wal/ANP/dpa)
G24.gal 03/06/2025 10:14 Última actualización 03/06/2025 16:37

O primeiro ministro neerlandés Dick Schoof anunciou este martes que “cae” todo o Goberno, despois de que os cinco ministros afiliados á ultradereita PVV de Geert Wilders presentasen a súa dimisión, o que impide a continuación dun gabinete en minoría e aboca aos Países Baixos a novas eleccións xerais, un ano e medio despois das anteriores.

Nunha conferencia de prensa posterior a un Consello de Ministros de case dúas horas, Schoof anunciou que acudiría ao palacio para presentar a dimisión ao rei Guillerme Alexandre, e que, a partir de entón, o gabinete pasará a ser “dimisionario”, o que supón que só se encargarán dos asuntos en curso, deixando de lado os máis controvertidos.

“No Consello de Ministros, falamos da situación actual e concluímos que coa saída do PVV xa non hai suficiente apoio no Parlamento para este gabinete”, afirmou Schoof, subliñando que considera que a caída do goberno era “innecesaria e irresponsable”. 

O líder da ultradereita Geert Wilders anunciaba este martes que o seu partido PVV “abandona a coalición” do Goberno dos Países Baixos, na que tiña maioría e gobernaba xunto a outros tres partidos de dereitas desde o pasado verán, debido a diferenzas no debate para restrinxir aínda máis as políticas contra o asilo.

Nunha breve mensaxe en X, Wilders anunciou que “sen modificación do acordo principal de goberno, o PVV abandona a coalición”, en referencia á súa esixencia de agregar ao acordo polo que se formou o gabinete en xullo do ano pasado, un anexo cun plan de dez puntos cunha serie de ideas para restrinxir a chegada de solicitantes de asilo aos Países Baixos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade