A COVID-19 que circula na China e nos EUA non escapa à inmunidade das vacinas
Os expertos dan por superada a pandemia como emerxencia de saúde pública en occidente
A pandemia de COVID-19 como emerxencia de saúde pública vai quedando atrás.
Pero a comunidade científica segue vixiante ante a explosión de contaxios na China coa fin da política covid cero.
Tamén ante a subvariante mal bautizada co nome de kraken que se estende desde o Estados Unidos.
Con todo, os inmunólogos lembran que tanto a covid-19 que circula na China como nos Estados Unidos segue sendo ómicrón, a variante predominante desde hai un ano.
A inmunidade celular xerada polas vacinas non escapa polo tanto á covid-19 que circula actualmente en Asia ou Norteamérica.
As vacinas seguen sendo eficaces contra a enfermidade grave e recomendan poñer a segunda dose de reforzo aos que aínda non o fixeron.