A covid obriga ao Celta a facer un crebacabezas para atopar un once
Houbo nove xogadores que deron positivo
O rival será o Betis, que vai rematar a primeira volta en postos Champions
O Celta arrinca o novo ano coa vista posta no Villamarín e en darlle continuidade á vitoria diante do Español coa que pechou o anterior. E principia tamén con dúbidas polas prestacións que poida ofrecer logo duns últimos días asolado pola COVID. Nove positivos. Por iso Aspas ironizaba en tuiter con que ían ter xogar os pequenos que foron ao torneo de Brunete.
A zona máis castigada é a defensa. Aí ten un problema Coudet que igual lle invita a tirar do filial que a acurtar os prazos de recuperación de Kevin. O xogador xa ten a alta médica, pero fáltalle ritmo de competición. E este panorama contemplámolo na véspera de medirse ao Betis. Un dos equipos máis en forma do campeonato. O equipo da Liga que máis mellorou con respecto á temporada anterior. A estas alturas suma 14 puntos máis. No Betis xa están advertidos do potencial do Celta.
Saben do perigo celeste lonxe de Balaídos é garantía. Dos oito encontros que disputou, gañou tres e empatou outros tres. E a última derrota fóra hai que ir buscala a principios de outubro.