A Copa Ribadumia, un espello que copiar en México
Gerardo Gutierrez e Kendos Macías, asesor e rexedor do estado de Aguascalientes respectivamente, visitan o torneo pontevedrés na busca de ideas

É un feito que os torneos de verán para as categorías inferiores que se celebran en Galicia son un exemplo de organización e bo facer. Pero ninguén podía imaxinar que se puidese trasladar iso a México. Ata que descubrimos que no Torneo de Ribadumia estaba Kendos Macías, rexedor do estado de Aguascalientes e o seu asesor Gerardo Gutiérrez. O obxectivo: copiar ideas a exportar ao seu país. Así o confirmaba o propio Kendos.
"Oxalá puidésemos replicar isto en México. Nótase euforia, a ledicia das familias e dos nenos, que reflicte o entusiamos polo deporte. Estamos falando para poder vir aquí e traer un equipo aquí, a un torneo deste nivel, e a verdadeira oportunidade tamén sería poder levar un torneo deste efecto alí. O noso contacto aquí é Paco Ozores"