Publicador de contidos

Publicador de contidos

A comodidade e a sostibilidade de alugar o disfrace de Entroido suma adeptos ano tras ano

A comodidade e a sostibilidade de alugar o disfrace de Entroido suma adeptos ano tras ano

Pódense alugar por un prezo de vinte ata cen euros por día

Os traxes de época son os máis solicitados 

G24.gal 16/02/2023 20:39 Última actualización 16/02/2023 20:49
Con quince anos, Carlos, apaixonado da historia, tiña claro de que quería disfrazarse este Entroido: dos anos vinte do século pasado. Pero non era fácil facelo nin quería gastar moito en compralo. Así que, decidiuse por alugalo.
 
Polo visto, os traxes de época son o máis solicitado nos negocios de alugueiro de disfraces, como nos conta Beatriz Sieira, propietaria dun deles en Santiago de Compostela. Tamén nos asegura que no seu, contiveron os prezos. 
 

"Si, o tema época é o que máis gusta. Tamén hai que pensar que é o máis elaborado e o que máis custa, aínda que nós procuramos manter os prezos. A xente pódese vestir desde 20 euros en diante, segundo o que queira gastar; temos traxes de ata cen euros".

Antonio tamén ten definido o seu disfrace de grupo. Xuntos elixiron o alugueiro para poder variar cada ano en vez de mercalo pola Internet. A comodidade non é a única razón para o aumento de clientes. Outros apuntan á sostibilidade e á orixinalidade.
 
A decisión é difícil entre os catro mil disfraces desta tenda de Santiago, que son catro mil alternativas. Aí entra a atención personalizada, e os clientes déixanse aconsellar, aínda que sexan dos moitos que veñen por vez primeira este ano, asegura Betariz Sieira.
 

"Temos a nosa xente fiel e a que non o é, porque este ano hai moita xente nova".

Estes días é un non parar de xente entrando, mirando, recollendo encargos, elixindo. Entre o barullo encontramos a Marco e Alexei, que malia seren moi novos levan anos alugando aquí os seus disfraces para o cole. Pero a eles non lles toca pensar nos cartos, só en pasalo ben.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar