Publicador de contidos

Publicador de contidos

A colleita de aceite en Galicia pode aumentar ata nun 30 %

A colleita de aceite en Galicia pode aumentar ata nun 30 %

O clima favoreceu a calidade e cantidade das olivas

Celebrouse o Día Internacional das oliveiras

G24.gal 26/11/2021 20:09

A recollida da oliva xa está moi avanzada en toda Galicia. As variedades autóctonas, brava e mansa, xa entraron nas almazaras e só quedan por recoller as foráneas.

O clima axudou moito nesta campaña e a produción incrementou en máis dun 30 % en toda a comarca de Quiroga, a de máis tradición en territorio galego. Ademais as pragas non afectaron e o froito está en perfectas condicións.

En Quiroga agardan superar amplamente os 20.000 litros producidos na pasada campaña e que as vendas se intensifiquen de cara o Nadal. Polo de agora non están a ter problemas de abastecemento de consumibles como envases de vidro, tapóns ou cartonaxe pero, por se acaso, fixeron copio de cara ao futuro. En Galicia prodúcese sobre todo o famoso AOVE, de xeito que a oliva só se lava, se prensa e o aceite vai directo para a botella.

O CSIC leva anos traballando na recuperación de ata 19 castes diferentes de oliva autóctona galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade