A candidatura conxunta do Mundial 2030 presenta un logotipo con sol, mar e fútbol
O director de Desenvolvemento de Negocio Internacional da Federación Española de Fútbol, Fernando Sanz, afirmou este martes que queren "construír unha Copa do Mundo de varias xeracións cun mundial único"

A candidatura conxunta de España, Portugal e Marrocos para o Mundial de 2030 presentou este martes o seu logotipo oficial con símbolos que representan o sol, o mar e o fútbol.
O coordinador da candidatura, o luso António Laranjo, foi o encargado de presentar o logo do torneo, unha competición que se pretende que teña "impacto nas xeracións futuras", durante unha cerimonia na Cidade do Fútbol de Oeiras, nos arredores de Lisboa.
O director de Desenvolvemento de Negocio Internacional da Federación Española de Fútbol, Fernando Sanz, afirmou este martes que queren "construír unha Copa do Mundo de varias xeracións cun mundial único" en 2030. Sanz destacou que o torneo se desenvolverá en "estadios modernos e icónicos" en España, Portugal e Marrocos, na cerimonia para presentar a visión, o vídeo, o logo e os embaixadores da candidatura conxunta en Oeiras, nos arredores de Lisboa.
🗣 @FernandoSanzD19, miembro del Comité Organizador de la candidatura @yallavamos2030 al Mundial 2030: “Hoy es un día muy importante para la @rfef”
— RFEF (@rfef) March 19, 2024
➡️ “El proyecto que se inició hace tres años cuenta con unos pilares sólidos” #2030bid | #FIFAWorldCup2030 | #LaunchEvent pic.twitter.com/aXwj8HWTbc