Publicador de contidos

Publicador de contidos

A batalla do financiamento: a España baleira fronte á das grandes urbes

A batalla do financiamento: a España baleira fronte á das grandes urbes

O modelo de financiamento autónomico leva caducado desde 2014

Foto de familia na pasada Conferencia de Presidentes en Salamanca
G24.gal 23/11/2021 15:20

A ministra de Facenda, María Jesús Montero, mantén o seu compromiso de abrir, antes de que acabe este novembro, o debate sobre o financiamento das comunidades autónomas, un modelo que leva caducado dende 2014. Montero sabe que as negociacións serán complexas. A semana pasada pedíalle ás autonomías "facer un esforzo de renunciar á nosa posición de máximos para aproximarnos a un modelo en que todos gañen".

Antes de sentar a negociar, as comunidades alíñanse en bloques. Por un lado, as oito autonomías reunidas en Santiago, as que teñen menos poboación, dispersa e envellecida.

Por outro lado, o bloque formado pola Comunidade Valenciana, Andalucía e Murcia. Queren que prime o peso da súa poboación.

E, xa por libre, outras tres autonomías: Madrid, Cataluña e Baleares, que piden que se compense a súa singularidade. Casar todos estes intereses será difícil lograr un consenso. Segundo Miguel Vázquez Taín, presidente do Consello Galego de Economistas, "o financiamento autonómico é un puzle de difícil solución" e cre que "vai ser un tema aberto de forma permanente".

Foto de familia na pasada Conferencia de Presidentes en Salamanca Foto de familia na pasada Conferencia de Presidentes en Salamanca
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos