Publicador de contidos

Publicador de contidos

A animación xaponesa é a protagonista en Expotaku

A animación xaponesa é a protagonista en Expotaku

Agardan que esta edición supere en visitantes ás celebracións prepandemia

G24.gal 20/05/2022 23:09

Temáticas, estéticas e contidos: para os afeccionados ás series e personaxes de animación xaponesa volveu Expotaku.

Como convidados acoden a Coruña algúns dos youtubers, tiktokers e cosplayers máis populares do universo anime en España. Non faltan nesta edición os torneos de videoxogos e na zona de expositores profesionais da artesanía e da ilustración amosan as súas creacións.

Obradoiros, gastronomía e cultura nipona e coreana, ginkanas e demostracións son algunhas das actividades organizadas.

O salón do anime e manga agarda superar este ano os 25.000 visitantes rexistrados na edición prepandemia de 2019.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos