Publicador de contidos

Publicador de contidos

A AFE confirma a folga das xogadoras nas dúas primeiras xornadas da Liga F

A AFE confirma a folga das xogadoras nas dúas primeiras xornadas da Liga F

Consideran inaceptable a proposta económica final

G24.gal 07/09/2023 17:27 Última actualización 07/09/2023 17:36

A Asociación de Futbolistas Españois (AFE) confirmou este xoves que as xogadoras da Liga F estarán de folga durante as dúas primeiras xornadas da competición, a primeira delas prevista para esta fin de semana.

"Os sindicatos integrantes do banco social da negociación para modificar e mellorar o Convenio Colectivo para as futbolistas de Primeira División (FUTPRO, AFE, Futbolistas ON, CCOO e UXT) decidiron, tras as reunións celebradas na sede do Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe (Fundación SIMA) durante esta semana, que é necesario manter a folga durante as dúas primeiras xornadas da liga regular", sinala a AFE.

Consideran inaceptable a proposta económica final e seguen mantendo unha proposta de salario mínimo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade