Publicador de contidos

Publicador de contidos

A acusación do caso Cerro Muriano pide investigar o xeneral que estaba ao mando e exculpar o sarxento

A acusación do caso Cerro Muriano pide investigar o xeneral que estaba ao mando e exculpar o sarxento

A acusación particular do caso Cerro Muriano actúa en nome do soldado Carlos León que faleceu afogado xunto a outro militar durante unhas manobras en decembro pasado

G24.gal 22/04/2024 14:44

A familia dun dos militares falecidos nunhas manobras en Cerro Muriano pide investigar o xeneral que exercía o mando no momento do suceso. Consideran que, como máximo responsable, debería supervisar os seus subordinados, concretamente os mandos que autorizaron o fatídico exercicio do lago, onde afogaron os soldados.

O avogado da familia pídelle ao Xulgado Militar Central que os investigue a todos. "Eu entendo que ese mando supremo en Cerro Muriano, o xeneral don Ignacio Olazábal, tería que saber que nin os coroneis nin o tenente coronel nin o comandante estaban facendo o seu labor de supervisión do que facía o capitán, nas manobras e exercicios desas semanas e noutras anteriores", explica Luis Romero.

Tamén pide que se arquive a investigación contra o sarxento que, sen éxito, advertiu da necesidade de interromper o exercicio. Di que foi unha vítima máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade