A colleita do 2003 do Celta chega para quedar no primeiro equipo
Hugo Sotelo, Hugo Álvarez, Miguel e Damián son catro que con 20 anos xa teñen minutos co primeiro equipo
É a xeración do 2003: Hugo Sotelo, Hugo Álvarez, Miguel e Damián. Son catro que con 20 anos xa teñen minutos co primeiro equipo. Comezaron con Álex Otero.
"Son amigos fóra do campo e xogan moi ben".
Hugo Sotelo e Hugo Álvarez foron titulares na esteira de Claudio en Sevilla. Damián tivo minutos. Claudio coñéceos ben. Son da xeración do 20023. Presente, futuro.
Unha das maiores explosións é a de Hugo Álvarez. Con 19 anos, a temporada pasada xa foi no filial do Celta o segundo xogador con máis minutos. Para estes últimos meses de competición xa non xogará máis co filial. Fredi anuncia que queda co primeiro equipo
"É un éxito da nosa canteira".
Son os talentosos rapaces da xeración do 2003. O estilo de Claudio favorécelles. Son celestes e celtistas.