Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cincuenta e un mortos tras un bombardeo ruso a unha tenda en Khárkiv

Cincuenta e un mortos tras un bombardeo ruso a unha tenda en Khárkiv

Entre os falecidos hai un neno de seis anos

Ucraína acusa a Rusia de terrorismo e a ONU condena o ataque a civís
G24.gal 06/10/2023 08:47

Cincuenta e unha persoas faleceron tras un bombardeo ruso contra un café e unha tenda en Khárkiv, ao nordeste do país. Entre os falecidos hai un neno de seis anos. 

Foi un masacre perpetrado cun mísil ruso lanzado contra unha cafetería e unha tenda de produtos alimentarios en Groza, unha pequena localidade de pouco máis de 300 habitantes no distrito de Kupiansk, a 30 quilómetros da fronte da guerra. As vítimas estaban reunidas para asistir a unha misa conmemorativa. Amais do medio cento de mortos, outras seis persoas quedaron feridas graves por metralla. 

Durante toda a noite os equipos de rescate estiveron desentullando na busca de vítimas. 
Un policía conta o difícil que é este traballo: "É dificil falar disto. Só atopamos cachos e restos de corpos. Inda estamos tentando identificalos". 

O presidente Zelenski cualificou o ataque de terrorismo. Na mesma liña se pronunciou o ministro de Defensa ucraíno. Dixo que os terroristas levaron a cabo deliberadamente o ataque á hora do xantar para garantir o máximo número de vítimas. Porque na zona non hai obxectivos militares. 

Rusia sempre negou que atacase deliberadamente vítimas civís, pero xa perpetrou numerosos ataques contra zonas residenciais. De momento, non se pronunciou sobre este. Na ONU condenaron o atentado e lembraron que os ataques contra a poboación e as infraestruturas civís están prohibidos polo dereito internacional humanitario. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade