Publicador de contidos

Publicador de contidos

16 menores foron condenados en Galicia por delitos sexuais en 2022, catro máis ca no ano anterior

16 menores foron condenados en Galicia por delitos sexuais en 2022, catro máis ca no ano anterior

En todo o Estado 501 menores foron condenados por delitos sexuais en 2022, un 14 % máis ca en 2021

En máis da metade dos delitos polos que foron condenados as vítimas tiñan menos de 16 anos

G24.gal 25/09/2023 11:41 Última actualización 25/09/2023 12:17

16 menores foron condenados en Galicia en 2022 por delitos sexuais en 2022. Son catro máis ca no ano anterior cando foran 12 os condenados, o que supón un incremento do 33 por cento.

No conxunto do estado foron un total de 501 menores os condenados en 2022 por delitos sexuais, un 14,1 % máis ca o ano anterior, segundo a Estatística de Condenados que fixo pública este luns o INE.

Segue a tendencia á alza detectada en anos anteriores no caso dos menores relacionados con delitos sexuais, con ese total de 501 condenados como autores de 636 delitos, dos que 389 foron agresións e abusos sexuais a menores de 16 anos.

Hai só unhas semanas, o fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, denunciaba un notabilísimo e preocupante ascenso" das agresións sexuais perpetradas por menores de idade en 2022

Entre as causas que apuntaban desde a Fiscalía estaban a carencia dunha adecuada formación en materia ético-sexual e o visionado "inapropiado e precoz" de pornografía violenta.

Xunto aos 501 menores con sentenza en contra en toda España, houbo 3.201 adultos condenados por delitos sexuais, un 0,2 % máis ca o ano previo. Unha de cada cinco vítimas tiña menos de 16 anos. 

Estatística global de delitos

A estatística total amosa que en España houbo 308.624 maiores de 18 anos condenados por sentenza o pasado ano, un 9,4 % máis ca en 2021, e 14.026 menores, un 3,2 % máis.

Galicia ocupa o segundo lugar pola cola na taxa de delitos cometidos por adultos en 2022 (8,9 por cada 1.000 habitantes), só cunha cifra menor en Castela-A Mancha (8,1). Ademais, é a comunidade con menor cifra de delitos levados a cabo por menores (7,7 por cada 1.000).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade