Publicador de contidos

Confirman doce anos de cárcere para o frade do Cebreiro que abusou sexualmente de dous mozos

Confirman doce anos de cárcere para o frade do Cebreiro que abusou sexualmente de dous mozos

O Supremo desestima o recurso do relixioso e ratifica que abuxou dunha moza de 16 anos e dun mozo de 20

Segundo a sentenza os dous mozos tiñan unha discapacidade intelectual

Beatriz Moyano 04/11/2021 20:22

Confírmase a sentenza de 12 anos de cárcere para Xosé Quintela Arias, o frade franciscano do Cebreiro acusado de abusar dous mozos . 

O Supremo desetimou integramente o recurso do relixioso e ratifica que cometeu delito continuado de abuso sexual a moza de 16 anos, que a utilizou para elaborar material fotográfico, e que tamén abusou do seu primo de 20. Segundo a sentenza os dous teñen unha discapacidade intelectual.

Os feitos ocorreron entre finais de 2014 e principios de 2015, nunha casa da familia do acusado e tamén na sanscristía do santuario do Cebreiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade