Publicador de contidos

Publicador de contidos

"Presentouse sen cita e durou escasos minutos", así define Illa a reunión con Koldo

"Presentouse sen cita e durou escasos minutos", así define Illa a reunión con Koldo

O exministro asegura que non se contratou nada coa empresa de Koldo García

O exministro de Sanidade comparece na Comisión do Senado que investiga os contratos durante a pandemia

A oposición cuestiona que recibira ao asesor de Ábalos sen cita previa

A precampaña catalá trasladase ao Senado con enfrontamentos de Illa cos independentistas

EFE/Kiko Huesca
G24.gal 24/04/2024 18:37 Última actualización 24/04/2024 20:04

"El presentouse, pediu verme, non sabía que quería, vin o que quería, remitino aos técnicos a través do meu gabinete, e resolto o asunto: o resultado final é que non se comprou nada", detallou o exministro de Sanidade Salvador Illa sobre o único encontro que tivo con Koldo García durante "escasos minutos" en setembro de 2020.

Dous días despois de comparecer no Congreso, Illa deu algún detalle máis na comisión que investiga os contratos da pandemia de Covid-19 no Senado sobre a única reunión co exasesor do Ministerio de Transportes, entón dirixido por José Luis Ábalos.

O actual líder dos socialistas cataláns, que comezou a súa intervención argumentando que non recibiu notificación oficial algunha sobre a súa citación este mércores no Senado, da que soubo polos medios de comunicación, aclarou, a preguntas da senadora do Grupo Mixto Mar Caballero, que Koldo "presentouse sen cita previa" no ministerio.

"Pediu verme, creo lembrar que era o mes de setembro, non sabía que quería, non estaba axendada a reunión; díxome que tiña unha empresa que podía fornecer material e remitino aos técnicos a través do meu gabinete", contestou na mesma liña que xa dixo hai dous días no Congreso. Reunión que "durou escasos minutos e o resultado coñéceno: non se comprou nada".

Non era "normal" que un asesor dun ministerio "se presentara sen cita previa", e foi por iso precisamente polo que accedeu a velo. "Pensei: 'pois que quererá', recibino, e cando vin que me falaba deste asunto, seguín o procedemento que tiñamos establecidos neste caso". "Era un asesor dun ministro co que eu trataba habitualmente porque o vía nas reunións de autoridades delegadas. 

Respecto aos tres encontros que o seu exjefe de gabinete, Víctor Francos, admitiu ter con Koldo García -dous no principio do ano e un terceiro un día despois de cesar, en xaneiro de 2021-, Illa limitouse a dicir que este xa relatou as "circunstancias" en que se produciron.

O que negou rotundamente é que se adxudicasen dous contratos á empresa chave da trama, Soluciones de Gestión: "Non facturou nada, non foi adxudicataria, é que ademais é incerto que fose habilitada nun acordo marco", senón que se tratou dunha unión temporal de empresas con Ferrovial Servicios, da que formaban parte outras 70 firmas para dous lotes de material.

Illa tamén descartou verse ou enviar mensaxes con ningunha outra persoa da trama.

 "Eu non me reunín con ninguén destas persoas, nin dei ningún contrato a ningunha comunidade autónoma, se nin sequera daba o 'ok' aos do Ministerio de Sanidade, máis aló dos primeiros días da pandemia que tiven que autorizar", rememorou.

Cuestionado polas máscaras defectuosas vendidas ao Govern balear, defendeu que o Ministerio sempre "tomou as medidas pertinentes" sobre o material que non cumpría os estándares, e por iso puxo en marcha un sistema de control de calidade en orixe e en destino que funcionou "perfectamente".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade