Cargando resultados...
Álex Silva, un músico coruñés na escena electrónica de Baltimore
A música electrónica é a base das actuacións que fai só ou con banda
Ten o seu propio selo discográfico, Canadian Duck Tapes, no que edita música de artistas afíns
G24.gal
21/10/2022 16:39
Álex Silva, un músico coruñés afincado en Baltimore dende hai sete anos. Acaba de visitar Galicia porque foi aquí precisamente onde rematou a súa primeira xira por Europa. Con el falamos de música electrónica, do seu selo discográfico Canadian Duck Tape, e do seu último disco, que pronto estará na rúa.