Publicador de contidos

Contido coa etiqueta roubos .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta roubos .

Roubos

Asaltan de madrugada unha tenda de artigos de bebé en Santiago

13/05/2024 13:58

Non levaron mercadorías, pero si 300 euros da caixa rexistradora

Para acceder ao local rebentaron a porta automática de cristal, valorada en 6.000 euros

 

 

 


Unha operación dirixida desde Lugo leva á detención de 15 persoas por roubos en España e Francia

09/05/2024 11:42

Un xulgado de Sarria dirixe a investigación

A maior parte da operación desenvolveuse nas provincias de Tarragona, Barcelona, Madrid, Alacant e Lugo


Foto: Garda Civil

Desmantelan en Galicia un grupo criminal especializado no roubo de cable telefónico

08/05/2024 11:00

A Garda Civil detivo dez persoas acusadas de cometer delitos en Noia, Ames, Rois, Negreira, Boimorto, Arzúa, Frades, Val do Dubra, Trazo e Muros


Chamamento en Poio para localizar o chapeu do pallaso Rudi Dudi

06/05/2024 14:30

Roubáronllo do coche xunto cun equipo de son e máis roupa de traballo

O chapeu, laranxa e de feltro, ten moito valor sentimental para o artista

Etiquetas:  ROUBOS

Cae unha banda que roubou zapatillas e aceite por valor de máis de 600.000 euros

06/05/2024 14:27

Catro dos detidos ingresaron xa en prisión

Etiquetas:  ROUBOS   ACEITE

A Policía Nacional desartella unha rede criminal de orixe serbia

05/05/2024 20:17

Un dos fuxitivos máis buscados por Serbia figura entre os detidos

O grupo asaltara a vivenda dun clan rival en Málaga


Entra roubar nun local de Oleiros e foxe cunha botella de licor como único botín

04/05/2024 21:15

Os propietarios do restaurante cren que o ladrón puido asustarse ao activarse a alarma do local


Prisión para o detido por agredir unha taxista para roubalo en Ourense

30/04/2024 16:57

A vítima precisou atención médica 

O arrestado ten antecedentes policiais

Etiquetas:  ROUBOS   AGRESIÓN

A Garda Civil alerta do furto de obxectos de valor a anciáns co método da aperta cariñosa

30/04/2024 13:47

Investigan o roubo de varias xoias a unha octoxenaria de Palas de Rei


Asaltan con violencia un estanco en Pontevedra

26/04/2024 14:39

Na contorna do Centro Galego de Tecnificación de Galicia levan xa meses preocupados polos altercados que viven nesa zona

O último foi o roubo a un estanco, que acabou con varios viandantes agredidos e con desperfectos no mobiliario urbano protagonizados polo suposto autor deste asalto

Etiquetas:  ROUBOS

Imaxe deste mércores da tenda de estética de Vilagarcía en que o ladrón entrou tras escachar a cristaleira

A acción dun home sen teito frustra o roubo nunha tenda de Vilagarcía

24/04/2024 13:58

O home chamou a policía, que logrou chegar a tempo para deter o ladrón no establecemento


A Garda Civil detén tres persoas en Culleredo por roubaren 700 litros de gasóleo

23/04/2024 09:32

Os arrestados, residentes da Coruña e Oleiros, foron sorprendidos mentres subtraían combustible do depósito dun camión no polígono de Ledoño


Imaxe cedida que recolle o momento da detención dos tres presuntos delincuentes tras unha persecución por Carballo

Desartellan unha banda criminal que roubou ferramentas en Galicia e Asturias

18/04/2024 13:53

A Garda Civil mantén abertas as pescudas tras a detención de tres persoas por efectivos da Policía Local en Carballo

Atribúenlles roubos por valor superior aos cen mil euros en ferramentas e efectivo

Etiquetas:  ROUBOS

Desartellan un grupo criminal con base no Rosal e Valencia que roubaba en Portugal

15/04/2024 16:10

O valor dos bens subtraídos puido alcanzar os dous millóns de euros

Na primeira fase da operación houbo dous detidos en Vilanova de Cerveira

O 10 de abril detiveron dúas mulleres en Valencia que están investigadas como cooperadoras 

Etiquetas:  ROUBOS   PORTUGAL

Dous roubos na mesma noite en Santiago de Compostela

10/04/2024 14:53

Dos dous establecementos levaron a caixa rexistradora, pero nun deles foron interceptados pola policía cando intentaban fuxir

Actuaron de madrugada nun restaurante e nunha tenda de cosméticos


Desarticulada unha banda en Arteixo que asaltaba chalés na provincia da Coruña

10/04/2024 13:05

A Garda Civil detivo tres persoas, que xa foron encarceradas

Os investigadores atribúenlles trece roubos cometidos na Laracha, Bergondo, Carral e Culleredo


A Policía alerta dunha vaga de "furtos amorosos" en Galicia

08/04/2024 14:15

Chámanos así porque a presunta ladroa aborda a vítima con calquera escusa, e busca o contacto físico para facerse co reloxo ou as xoias que leve

Xa constan denuncias de furtos cometidos con esta táctica en distintas cidades galegas


Asaltan un restaurante da Coruña e levan un botín duns mil euros

04/04/2024 14:23

A Policía Científica estivo tomando pegadas tanto no interior coma no exterior do restaurante

Etiquetas:  ROUBOS

Roberto do Viso, detido de novo como presunto autor dun roubo en Ribeira

02/04/2024 14:07

Acúsano de roubarlle o bolso a unha señora de 74 anos polo método do tirón 

Estaba en busca e captura por incumprir a orde de afastamento da súa irmá

 

Etiquetas:  ROUBOS

Asaltan en Lugo o bar dunha muller que acababa de finar

02/04/2024 13:13

Ao día seguinte do enterro da dona desvalixaron o negocio e mais a vivenda da falecida

Etiquetas:  ROUBOS

A Garda Civil investiga unha vaga de roubos en Leiro

01/04/2024 14:07

Os cacos actúan sobre todo de madrugada e non lles importa que haxa xente no interior


Rouban nunha xoiería de Santiago rompendo o cristal de seguridade coa tapa dun sumidoiro

27/03/2024 14:28

Levaron 19 pezas de ouro e pedras preciosas e perderon un colar na fuxida 

Os comerciante da zona monumental piden máis vixilancia policial polas noites 


Salvan un home no Grove que se precipitou ao mar cunha furgoneta roubada

27/03/2024 14:10

O home foi trasladado ao hospital de Montecelo con síntomas de hipotermia

A Garda Civil abriu unha investigación para aclarar este sinistro

Etiquetas:  ROUBOS

Rouban 50 tapas de sumidoiro en Mos cun valor que roza os tres mil euros

26/03/2024 21:05

Os ladróns actuaron durante tres noites en catro zonas distintas

Ademais das tapas de pluviais e saneamento, subtraeron reixas das quenllas dunha empresa

Etiquetas:  ROUBOS

Detidos seis homes pola súa suposta implicación en media ducia de roubos en bares de Guadalaxara

25/03/2024 12:50

Para acceder aos establecementos, os detidos rebentaban a porta e unha vez dentro desvalixaban a caixa rexistradora e as máquinas comecartos

Os seis quedaron en liberdade con cargos por roubo con forza, subtracción de vehículo e pertenza a grupo criminal

Etiquetas:  ROUBOS

Incendian a máquina comecartos dun bar ao non conseguir roubala

22/03/2024 15:51

Un dos ladróns aproveitou para roubar un coche a escasos metros do local

Categorías:  Galicia   Vigo   Sucesos
Etiquetas:  ROUBOS

A Garda Civil desartella un grupo criminal dedicado a roubos con forza en lavanderías de autoservizo

19/03/2024 17:28

Os detidos son naturais de León, A Coruña e Barcelona, e operaban en varias comunidades autónomas do noroeste de España

Nos rexistros acháronse as vestimentas e ferramentas utilizadas nos roubos e comisaron tamén uns 20.000 euros


Detidos dous mozos na Pastoriza por varios roubos

15/03/2024 16:27

Os mozos levaron un coche, dous mandos a distancia, un quad, unha minimoto, un remolque para o gando, dous cascos, lentes, diñeiro e baterías

Etiquetas:  ROUBOS

Igrexas ourensás sofren catro asaltos nun mes e medio

15/03/2024 14:06

Na de Santa María de Entrambosríos, na Merca, intentárono dúas veces

Tamén forzaron as portas en Soutomaior de Taboadela e na igrexa das Marabillas, en Cartelle

Etiquetas:  ROUBOS

Rouban 60 metros de valado metálico nunha ONG de Cabana de Bergantiños

13/03/2024 14:36

Repoñer o roubado podería custar máis de dous mil euros e desde a asociación agardan que o seguro cubra os danos


Novo roubo das máquinas expendedoras na taberna do cámping boirense de Barraña

12/03/2024 13:55

"Parece que viñan roubar o Banco de España; con luvas, cubertos con pasamontañas", di o propietario do establecemento tras ver as imaxes das cámaras de videovixilancia

Etiquetas:  ROUBOS

Denuncia o roubo de 6.000 euros a través da banca electrónica

12/03/2024 13:26

Unha veciña de Ourense denuncia que lle roubaron preto de 6.000 euros en operacións realizadas en Nixeria, Atenas e Madrid

Asegura que ela non facilitou ningunha clave de acceso e culpa o banco de non garantir a seguridade dos depósitos


Catro detidos por roubar nunha empresa loxística de Guadalaxara

10/03/2024 19:57

A mercadoría roubada está valorada en 100.000 euros 

Dous traballadores da empresa facilitarían información sobre os accesos, a apertura de portas e desconexión de alarmas


Alerta por unha vaga de roubos en locais dos Tilos, no concello de Teo

08/03/2024 14:16

Nas últimas semanas houbo catro asaltos e varios intentos en bares, tendas e locais da urbanización

No Club Os Tilos entraron tres veces e subtraeron 650 euros da caixa rexistradora

 

Etiquetas:  ROUBOS

Licores, coitelas de afeiteado, aceite e polbo conxelado, os produtos que máis rouban nos supermercados galegos

07/03/2024 13:17

O aceite, especialmente o de oliva, é o produto máis roubado en España

As subtraccións causan perdas millonarias ao ano en supermercados e hipermercados españois

Etiquetas:  ROUBOS

Á prisión e investigado por agresión sexual o home que roubou un coche cun bebé dentro en Tui

05/03/2024 17:05

O xulgado abriu dilixencias para descartar ou confirmar o delito de agresión sexual porque cando atoparon o neno non estaba vestido exactamente igual
 

Categorías:  Tui   Sociedade   Sucesos
Etiquetas:  ROUBOS   BEBÉ

Detido tras roubar unha furgoneta en Tui cun neno de dous anos dentro, que se atopa en bo estado

04/03/2024 18:17

O autor dos feitos é un coñecido delincuente da zona

Categorías:  Tui   Sucesos
Etiquetas:  ROUBOS

Desartellada unha rede que cortaba árbores en leiras alleas falsificando os permisos

01/03/2024 15:49

Hai catro homes detidos veciños da Rúa, Riós, Petín e Portugal

Categorías:  Galicia   Sucesos
Etiquetas:  ROUBOS   MADEIRA

Rouban nunha igrexa de Boiro xoias valoradas en 8.000 euros

29/02/2024 13:54

A Garda Civil abriu unha investigación para dar cos autores 

É o segundo roubo que sofren na igrexa de Santo André de Cures


Detido mentres roubaba material médico nun coche na Coruña

28/02/2024 09:39

Os obxectos subtraídos, valorados en máis de 3.000 euros, eran un dispositivo electrónico e outro material sanitario, necesarios para a realización dunha intervención médica 

Publicidade
Publicidade