Publicador de contidos

Contido con Temática Cultura .

Publicador de contidos

Contido con Temática Cultura .

Cultura

Triunfa en Santiago 'Tesouros reais', un paseo de valor incalculable por Xerusalén

11/05/2024 15:30

A mostra ofrece obras mestras traídas do Terra Sancta Museum

Permanece na Cidade da Cultura ata o 4 de agosto


Elena Alonso: "Creo no diálogo entre ciencia e arte e en por en valor o coñecemento das xentes do mar"

11/05/2024 11:30

'Retrato dun bosque de laminarias' ata o 30 de xuño no Museo do Mar de Galicia en Vigo

Alonso contou con investigadores e pescadores para coñecer en detalle os bosques de laminarias

O traballo expositivo de Elena Alonso chega agora ao seu Vigo natal tras pasar por Berlín ou Galápagos

Etiquetas:  ZIGZAG

Mural pintado por Urbano Lugrís

A Xunta comprará os murais de Lugrís por 36.000 euros

10/05/2024 17:03

O ente público restaurará as obras e valorará a posibilidade de trasladalas ao Museo de Belas Artes da Coruña

Puido exercer o seu dereito de tanteo por iniciar o procedemento para declaralos Ben de Interese Cultural


Marcos Coll: "Eu sei de blues, pero a música tradicional galega téñoa dentro"

10/05/2024 16:33

Nómade, o seu último disco, foi producido por Jairo Zavala, e nel fai unha viaxe por diferentes músicas do mundo

O videoclip de Nómade foi gravado na pasada edición do festival Fisterra Blues Experience

Marcos Coll en directo o 11 de maio no Teatro Colón da Coruña dentro do ciclo Maio Jazz
 

Categorías:  Galicia   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

Sonia Méndez: "Traballar con adolescentes supón tamén desentendelos cando eles non se entenden"

10/05/2024 12:29

Fixeron un cásting por toda Galicia para localizar os actores noveis que participan na longametraxe

A conexión dos mozos a través das redes sociais e o illamento da zona son parte da trama 

O músico británico Andy Bell é o compositor da banda sonora 

 

Categorías:  Galicia   Audiovisual
Etiquetas:  ZIGZAG

Ruth Varela: "A Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo faiche vivir a arquitectura dunha maneira próxima"

08/05/2024 14:52

A mostra BEAU recolle as vinte arquitecturas premiadas este ano baixo o concepto "caixas do tempo" e o lema 'Me–dio Pla–zo'

Recoñecen o bo momento da arquitectura galega con 10 obras seleccionadas, como o Asteleiro de Outes do estudio de Fortes-Penedo 

O mercado de San Agustín  é unha das poucas obras da Coruña incluídas no catálogo Docomomo (Documentación e Conservación do Movemento Moderno)

Etiquetas:  ZIGZAG

Hugo Gómez-Chao. Director Artístico e comisario de Resis

Hugo Gómez Chao: "Luigi Nono reivindicaba a súa música como expresión política e medio de loita"

08/05/2024 14:47

A sétima edición do RESIS  quere ser unha homenaxe ao compositor Luigi Nono. O festival programa concertos tamén en Madrid e Roma  

Y su sangre viene cantando, sobre a obra de Luigi Nono, está na Fundación Luis Seoane ata o 3 de setembro

No programa do Resis artistas como Arditti Quartet, Camerata OSG, Arxis Ensemble ou Niño de Elche 

Categorías:  Galicia   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

EQX, buscar o equilibrio a través da electrónica

08/05/2024 14:33

EQX mestura diferentes xéneros dentro da música electrónica, abríndose a innovación e a experimentación

Pola é o último videoclip, no que colaboran a cantante Elba e a creadora Inma Veiga

Forman parte da nova xeración de música electrónica galega e o seu vindeiro concerto será o 14 de xuño en Madrid
 

Categorías:  Galicia   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

A presidenta dos Premios Feroz e o alcalde de Pontevedra, con membros do Goberno local e representantes da Asociación de Informadores Cinematográficos, ao termo da conferencia de prensa que ofreceron este mércores en Pontevedra (@PremiosFeroz).

Pontevedra acollerá os Premios Feroz en 2025 e 2026

08/05/2024 12:12

A presidenta da Asociación de Informadores Cinematográficos de España destacou o papel que Galicia ten no audiovisual actual


Cibrán Tenreiro presenta un traballo musical en formato cinta de casete e de balde

Cibrán Tenreiro: "Quería construír algo a partir da saudade, pero non deixarme invadir por esa sensación"

07/05/2024 14:08

Saudade sempre é como unha canción/vídeo doméstico en que xoga con ordenadores, percusións, xoguetes, un teclado ou obxectos da casa

É un disco en solitario pero no que aparece moita xente e sons prestados, sacados de discos, de películas ou dos audios de WhatsApp

Categorías:  Galicia   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

'Punctum', unha punzada no corazón da banda deseñada galega

07/05/2024 13:00

A punzada que atravesa o noso corazón ao ver unha imaxe, o Punctum, dálle o título a esta exposición que conecta a banda deseñada coa arte contemporánea

Estes beliscos de BD pódense visitar ata o 16 de xuño no Auditorio de Galicia, en Santiago

Categorías:  Galicia   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

Iván Fernández: "Escenas do Cambio foi un lugar de transformación da dor, un espazo para a saúde"

06/05/2024 15:09

A creación galega estivo representada con pezas de Cris Vilariño, Diego M, Buceta, David Loira, Yuraq Walla e Emilio Horyaaans

Neste décimo Escenas do cambio con dirección renovada, a esencia do festival manifestouse a través de oito pezas site-specific que dialogarón entre elas 

Etiquetas:  ZIGZAG

O arquivo persoal de Berta Cáccamo, unha conexión entre a pintura e a vida

06/05/2024 15:00

Correspondencias de arquivo. Berta Cáccamo amosa no Museo Provincial de Pontevedra
 33 anos de traballo da artista plástica, dende os anos 80 ata o 2018

A obra pictórica complétase con material de arquivo: debuxos, textos, cadernos, fotografías, diapositivas...

A súa obra é reflexiva e, dende o punto de vista da linguaxe plástica, evoluciona á abstracción

Etiquetas:  ZIGZAG

Samuel L. París: "A incerteza e o misterio é algo sobre o que construír e pasalo ben"

06/05/2024 14:48

O único e verdadeiro deus das cousas que están feitas un cristo é o último poemario de Samuel L. París publicado con Edición Positivas

No libro, estruturado en 13 partes recolle unha colección de poemas de estilos moi diversos

Na actualidade dirixe e presenta A Catapulta, en colaboración co Salto Galiza, un programa sobre poesía que se emite mensualmente

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

O cineasta e dramaturgo Xacio Baño

Xacio Baño: "O que máis me gusta do mundo é non saber"

05/05/2024 11:30

'Non te vexo' traballa sobre as imaxes descartadas, o concepto do tempo, os códigos da imaxe, desde fotografías dixitais

O concepto do amor a través da imaxe, 'Plantónico, platónica' interpela á intelixencia artificial na creación de significados

As dúas curtas puideron verse estes días no Play Doc de Tui

Categorías:  Galicia   Audiovisual
Etiquetas:  ZIGZAG

A artista nun momento da actuación/FOTO: Pilar Olivares (Reuters)

Madonna converteu a praia carioca de Copacabana na maior discoteca do mundo

05/05/2024 08:13

A raíña do pop pechou a súa xira de 40 aniversario cun concerto multitudinario con máis dun millón e medio de asistentes


Deborah García Bello, cocoordinadora do proxecto

Déborah García Bello: "Fixemos un camiño de ida e volta, para que os científicos tamén aprenderan dos artistas"

04/05/2024 11:30

'CICAGallery' é un proxecto de residencias artísticas do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía cuxo resultado podemos ver en DIDAC Compostela

O proxecto nado na UDC naceu como unha prolongación do 'Laboratorio de Formas' de Sargadelos

Verónica Moar, Breogán Xague, Irene Sáez, Cillas Rodriguez e Inés Rodriguez son os artistas e UDCSólidos, Biocost, Aquaterra, Exprela, e Nanoself son os grupos investigadores
 

Etiquetas:  ZIGZAG

Comeza a rodaxe de 'Así chegou a noite', terceira película de Ángel Santos

03/05/2024 15:00

Participada pola Televisión de Galicia, encádrase no novo cinema galego, e retrata a fraxilidade dun escultor que busca o illamento nunha zona rural da costa


Laura Lesta García, investigadora e coorganizadora do Congreso HumorSofías

Laura Lesta: "O humor é unha ferramenta de resistencia"

03/05/2024 14:51

'HumorSofías: Iº Congreso internacional sobre feminismos e humor', 7 e 8 de maio na facultade de Filoloxía da USC

Participan tamén a humorista Asaari Bibang, a profesora Catherine Barbour e profesoras das tres universidades organizadoras 

Agora mesmo, Ana Lesta, traballa nunha monografía sobre humor, historia e identidade en Galicia no século XX

Categorías:  Galicia   Humanidades
Etiquetas:  ZIGZAG

Millo Vello, unha peza inspirada nos tempos lentos da natureza

03/05/2024 14:43

Millo Vello forma parte da programación do festival Escenas do Cambio 2024 en Compostela 

Na peza da compañía Ay Cariño!  participa Rafa Mallo, batería de Triángulo de Amor Bizarro 

Ay Cariño! estreará a súa seguinte peza WTF! a finais do mes de maio

Etiquetas:  ZIGZAG

David Loira: "Os tempos do nazismo non son tan afastados, a liberdade é algo moi fráxil"

03/05/2024 14:34

Con 'Blondi' David Loira parte da cadela de Hitler para tratar a dualidade entre a obediencia e o liderado

Loira traballou de guía turístico en Berlín e de aí a súa reflexiónb sobre o nazismo e a fraxilidade da liberdade

'Blondi' representarase mañá sábado, ás 17.30, na Cidade da Cultura ,en Santiago

Etiquetas:  ZIGZAG

Praza de touros de Madrid (Europa Press/Jesús Hellín)

O Ministerio de Cultura elimina o Premio Nacional de Tauromaquia

03/05/2024 09:56

Ernest Urtasun, ministro de Cultura: "A xente cada vez entende menos que se practique a tortura animal e que se lle dediquen premios"


Cartel do Caudal Fest 2024

Amaral e Nil Moliner encabezan o cartel do Caudal Fest

02/05/2024 17:07

Lontreira e Carlanga y Los Cubatas completan o cadro de actuacións que terán lugar en Lugo os días 20 e 21 de decembro

Categorías:  Lugo   Cultura   Música
Etiquetas:  FESTIVAL   FESTIVAIS

Rodaxe de 'Así chegou a noite', de Ángel Santos, e carteleira con Begoña Vázquez

02/05/2024 15:06

Así chegou a noite ródase ata xuño en Sanxenxo

O auto das ánimas, de Pablo Lago Dantas, chega ás carteleiras

Entre os filmes destacados da semana: La casa, de Álex Montoya

Categorías:  Galicia   Audiovisual
Etiquetas:  ZIGZAG

Kirenia Martínez,  directora artística de Escenas do Cambio

Kirenia Martínez: "Queremos celebrar dez anos sumando en cada peza unha nova sensación"

02/05/2024 15:02

Na décima cita, a esencia do festival maniféstase a través de oito pezas site-specific que dialogan entre elas 

A creación galega estará representada con pezas de Cris Vilariño, Diego M, Buceta, David Loira, Yuraq Walla e Emilio Horyaaans

X Fesival de teatro, danza e arte en acción, Escenas do cambio, do 3 ao 5 de maio, Cidade da Cultura, Santiago 

Etiquetas:  ZIGZAG

Grampoder, a música furiosa como catarse das cousas que pasan na vida

02/05/2024 14:53

Amuleto é o terceiro LP de Grampoder, o dúo composto por Martin Wu e LeRoi

Un disco furioso onde dan conta das traizóns de baixa intesidade que lle damos a vida

Grampoder presentarán Amuleto na Sala Sónar, en Santiago, este venres

 

Categorías:  Galicia   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

Paul Auster en Oviedo (Reuters/Eloy Alonso)

Morre aos 77 anos o escritor estadounidense Paul Auster

01/05/2024 08:04

"Pasei a vida establecendo conversación con xente que nunca vin, con persoas que xamais coñecerei, e así espero seguir ata o día en que exhale o meu último alento", afirmou ao recoller en 2006 o Premio Príncipe de Asturias

Categorías:  Mundo   Cultura   Letras

A Coruña acolle a mostra da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo

30/04/2024 22:17

Tras o seu paso por Sevilla e Zaragoza, chega á Coruña a mostra da Bienal Española de

Carlos Negro: "Necesitamos o fantástico para entender a realidade"

30/04/2024 15:14

Pel de cordeiro, de Ledicia Costas, retrata unha estirpe de mulleres sabias á marxe da sociedade nun exercicio estilístico excelente

María Solar homenaxea en Adeline as sagas vampíricas trasladándoas a actualidade

O Hematocrítico asina un libro intrascendente no mellor sentido da palabra en Dona Problemas

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Mero Iglesias: "Este libro é unha vinganza para os que pensaban que non se podía rezar en galego"

30/04/2024 15:11

O autor recolle no libro diferentes formas populares de oracións, rezos de trasmisión oral durante centos de anos

Este traballo etnográfico foi posibles grazas ao traballo de recollida que o autor fixo durante máis de 40 anos polas aldeas

Breviario breve da devoción popular está editado na colección Manuais do Museo do Pobo Galego

Categorías:  Galicia   Humanidades

Dani Trillo: "Partimos de ideas preconcibidas que os adolescentes nos desbotaron por completo"

30/04/2024 15:04

Dende un ton cómico TalíaTeatro quere falar de sexo, abrir a conversa e romper os silencios incómodos

A montaxe da peza incluíu obradoiros previos con adolescentes

Desexo estréase este venres en Boiro
 

Etiquetas:  ZIGZAG

Marjane Satrapi, autora do cómic 'Persépole', Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades

30/04/2024 12:13

A autora franco-iraniana tamén conta cunha premiada traxectoria como cineasta e pintora


Os Premios Literarios Minerva celebran cun libro os seus 50 anos

29/04/2024 21:32

O Colexio M. Peleteiro organiza dende 1963, con algún breve período de interrupción, uns galardóns que xa recoñeceron a preto de 500 mozas e mozos

O mantedor da primeira edición foi Álvaro Cunqueiro

Categorías:  Galicia   Cultura
Etiquetas:  LITERATURA   PREMIO

Cine a dous euros a partir deste martes para os maiores de 65 anos

29/04/2024 20:15

As entradas poderán adquirirse tanto nos despachos de billetes das salas como por medios electrónicos

Categorías:  España   Cultura
Etiquetas:  CINE

Xurxo Ayán: "Os arqueólogos sempre buscamos o individuo no pasado e a IA axuda a identificar autorías"

29/04/2024 15:09

Os sistemas de Machine Learning aliméntase con miles de fotos de sitios e artefactos e os algoritmos traballan e permiten esbozar hipóteses cunha alta probabilidade de certeza.

O proxecto Las manos que escribieron la Biblia: Paleografía digital y cultura escrita de los Rollos del Mar Muerto descubriu que os pergameos do Mar Muerto puideron estar escritos por dúas persoas distintas

 

Categorías:  Galicia   Humanidades
Etiquetas:  ZIGZAG

Ángel Sánchez: "O Play Doc leva 20 anos rachando cos moldes dos xéneros fílmicos"

29/04/2024 15:01

O festival dedica a primeira retrospectiva europea a L. Hirszman e unha homenaxe dedicada a William Friedkin, director de O Exorcista

Nesta edición particiapan recoñecidos cineastas que se caracterizaron pola permanente procura estética e o risco formal

20º Festival Internacional de Cinema Play-Doc, do 1 ao 5 de maio en Tui

Categorías:  Galicia   Audiovisual
Etiquetas:  ZIGZAG

Javier Martín: "A tecnoloxía é un modo de elaborar o animal que somos"

29/04/2024 14:57

O novo espectáculo de Javier Martín chega o próximo de 3 de maio ao Teatro Principal de Santiago de Compostela

O punto impropio é un espectáculo inmersivo que mestura movemento, imaxe e son en tempo real

A peza estreouse en México e viaxará por diferentes puntos de Galicia, España e tamén por Asia

Etiquetas:  ZIGZAG

Falece a poeta e activista compostelá Luz Fandiño aos 92 anos

28/04/2024 15:39

Terá un acto de homenaxe no auditorio do Museo do Pobo Galego o domingo 5 de maio


A artista Sesé Santiago

Sesé Santiso: "Os pedestais son hoxe os 'like' que nos poñen en Internet"

28/04/2024 11:30

O Proxecto Peana aborda artísticamente  os pedestais como fonte de reflexión na galería Marisa Marimón de Ourense

Sesé Santiso aborda a reflexión sobre o ego e as aparencias desde a figura dos pedestais

Etiquetas:  ZIGZAG

Sara Vila: "Fálase dos incendios só nos grandes, pero quería indagar no que hai detrás"

27/04/2024 11:30

O incendio aborda os problemas dunha rapaza que entra na idade adulta nun contorno hostil e violento

Sara Vila gañou o premio Blanco Amor con esta novela que agora publica Xerais
 

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG
Publicidade
Publicidade