Publicador de contidos

Contido con Temática Mobilidade .

Publicador de contidos

Contido con Temática Mobilidade .

Mobilidade

Decenas de persoas agardan na estación de Sans (Barcelona). EFE/Toni Albir

Avaría xeral nos trens de cercanías en Cataluña por un roubo de cobre

12/05/2024 09:21

Rodalies, a compañía de servizos ferroviarios da comunidade, aconsella usar outros medios de transporte

O Govern cualifica de "intolerables" as incidencias que, considera, poden afectar ao dereito a voto da cidadanía

O roubo provocou unha cadea de incendios que obrigaron a pechar durante media hora unha estación de metro


Plan de choque da DXT en Galicia: dúas motos camufladas, volta do Pegasus, chalecos e máis controis de alcoholemia

10/05/2024 12:28

En Galicia rexistráronse 37 mortes en estradas entre xaneiro e abril, un 48 % máis que o ano anterior

O delegado do Goberno detallou que "as distraccións provocan un de cada catro sinistros mortais, por encima da velocidade inadecuada"

Colocan táboas con cravos en lugares onde estaciona o coche radar da Garda Civil

Etiquetas:  DXT   TRÁFICO

A Xunta pide unha reunión con Puente para tratar "asuntos estratéxicos" para Galicia

10/05/2024 11:38

O conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, remitiron unha carta ao ministro de Transportes

Puente convida o presidente da Xunta á presentación do plan do Corredor Atlántico este xoves na Coruña



Comezan a funcionar os autobuses que unen Vigo coa Lavacolla

08/05/2024 13:23

Son tres frecuencias diarias en ambos sentidos, dende a estación intermodal de Vigo ata o aeroporto Rosalía de Castro

A Xunta activa estas liñas para dar servizo aos pasaxeiros afectados polas obras en Peinador, que vai estar pechado ata o 31 de maio


Imaxe de arquivo

A Xunta pon buses entre Vigo e Santiago polo peche do aeroporto de Peinador

07/05/2024 16:08

O servizo prestarase cunha nova liña, con parada intermedia en Pontevedra, que permitirá coller os voos da primeira hora da mañá


Os vigueses optan por coller o tren a Madrid en Ourense

07/05/2024 14:22

O tren tarda dúas horas de Ourense a Vigo, o mesmo que de Madrid a Ourense 

O peche do aeroporto de Peinador multiplica os usuarios do ferrocarril

Etiquetas:  AVE   TREN

Punta Lagosteira avanza para converterse no primeiro porto autosuficiente de España

07/05/2024 14:12

Máis de 80 profesionais do sector loxístico participaron no III Foro de Loxística e Cadea de Subministración


Renfe suprime a conexión con Lugo do AVE que chega a Ourense ás once de noite

06/05/2024 14:37

Lugo segue á marxe da alta velocidade

Etiquetas:  AVE

O sindicato ferroviario CGT pide melloras no servizo dos trens Avril dúas semanas antes da súa estrea

06/05/2024 14:23

Propoñen a Renfe aproveitar os trens de alta velocidade para cubrir prazas nas viaxes de media distancia


A Lavacolla asume temporalmente os voos de Peinador

06/05/2024 14:12

Moitas compañías reprogramaron as conexións para operar desde A Lavacolla ata que rematen as obras da pista do aeródromo vigués

En AENA afirman que a estrutura operativa de Santiago é sólida e que non haberá problemas para manter a continuidade dos servizos aéreos


Caos nos trens de proximidade de Madrid por unha avaría no sistema de sinalización

06/05/2024 14:05

Os pasaxeiros da liña C8 estiveron pechados nos vagóns unha hora, logo saltaron ás vías e a pé chegaron á estación de Atocha

No interior dos vagóns vivíronse momentos de angustia, ía moita calor e algúns viaxeiros comezaron a encontrarse mal


A terminal viguesa de Peinador, pechada por obras desde esta mañá

O aeroporto de Peinador, pechado por obras na pista ata o día 31

06/05/2024 11:50

Hoxe comezaron os traballos de remodelación da pista, que abrirá previsiblemente dentro de 25 días

Durante todo o mes non hai voos programados na terminal viguesa


Desprazamentos máis sostibles e seguros; así é a Estratexia Galega de Mobilidade

06/05/2024 11:16

O Consello da Xunta aprobou este luns o proxecto que deberá mudar nos próximos 25 anos a forma en que se producen as comunicacións e o transporte


Aeroporto de Vigo pechado por obras

Este luns van operar 90 voos na Lavacolla ante o peche de Peinador en Vigo

05/05/2024 16:54

As aeroliñas reaxustan os servizos no Rosalía de Castro polo peche de Peinador ata o 30 de maio

As compañías de alugueiro de coches tamén reorganizan a frota en Santiago


Expectación en ambos os lados da raia ante a redución das peaxes en Portugal

05/05/2024 14:26

Multiplicaranse os movementos e reforzará a economía das familias


O aeroporto de Peinador pechará tres semanas desde este luns por obras nas pistas

04/05/2024 14:32

O feche das instalacións viguesas afectará uns 85.000 viaxeiros e a uns 800 voos

O aeroporto de Santiago de Compostela disporá de oito voos de reforzo a Madrid


Xoán Vázquez Mao cree en que a supresión das peaxes portuguesas recuperará o turismo

03/05/2024 14:58

O secretario xeral do Eixo Atlántico traslada que a medida implantada polo Goberno portugués en 2010 supuxo unha baixada do turismo na subrexión do Miño do 40 por cento.

A máxima autoridade do Eixo Atlántico traslada a medida do Goberno portugués ao caso da AP-9 e pide consenso entre os políticos para solucionar a mobilidade pública


Pode condicionar a mobilidade en Galicia a eliminación de peaxes en autovías portuguesas?

03/05/2024 14:41

O Parlamento luso aprobou volver á gratuidade previa ao ano 2011


Electrificación, biocombustibles ou hidróxeno verde, cara a onde vai a mobilidade sostible?

03/05/2024 14:21

Goberno autonómico e empresas apostan por unha mobilidade sustentable que avance no vehículo eléctrico, no uso de hidróxeno e biocombustibles

Vigo acolle estes días o V Foro de Mobilidade Sostible de Galicia 


Portugal elimina as peaxes nas autovías, incluídas as que conectan con Galicia

02/05/2024 18:55

Desde o un de xaneiro xa non haberá que pagar os actuais dous euros e 40 céntimos por ir de Galicia ao Porto en coche


Sen alternativa para a N-541

Pontevedra e Ourense quedan sen vía de alta capacidade

02/05/2024 15:11

Seguirán unidas só pola N-541

O Goberno central non ve necesario a creación dunha nova vía de alta capacidade
 


Comeza a dar servizo en Moaña o aparcadoiro disuasorio de Domaio con 75 prazas

02/05/2024 14:34

O obxectivo é que os usuarios e usuarias poidan deixar alí o seu coche para poder moverse tanto en autobús coma en vehículo compartido


Veciños de Vilanova de Arousa reclaman medidas para reducir a sinistralidade na PO-306

02/05/2024 13:59

Sinalan o exceso de velocidade como causa da meirande parte dos accidentes

A pasada fin de semana un turismo saíu da vía e bateu contra o muro dunha casa


Obras na liña de tren entre Ourense e Vigo para evitar máis desprendementos

30/04/2024 13:58

Segundo Adif, a modernización da liña que une Ourense e Vigo non estará rematada nesta década


A oferta de voos directos a Madrid a primeira hora redúcese dende Santiago

Santiago perde voos con Madrid a primeira hora

29/04/2024 14:36

Coa chegada do verán, as aeroliñas deixan de ofertar os voos máis madrugadores de enlace directo coa capital

O voo máis temperán é Ryanair ás 8 da mañá pero só os venres


Chega a Vigo o primeiro tren Avril de alta velocidade nunha viaxe de proba

28/04/2024 08:23

A posta en funcionamento dos convois de alta velocidade está prevista para o próximo 21 de maio

A viaxe dende Madrid durou algo máis de catro horas e media, un recorte de quince minutos 

 


O salón CarOutlet reúne na Coruña máis de 700 vehículos de ocasión

27/04/2024 14:26

Oito de cada dez coches vendidos en Galicia en 2023 eran de segunda man

O evento celébrase no recinto de Expocoruña e durará ata o próximo domingo


A vía do tren entre Monforte e Ourense seguirá cortada ata setembro

26/04/2024 20:55

O Adif atribúe esta demora a problemas causados pola chuvia nun terraplén entre as estacións de Santo Estevo e Os Peares

Etiquetas:  ADIF

Comeza o arranxo integral do firme na N-540 no concello de Guntín

26/04/2024 14:22

As obras forman parte da rehabilitación de case 70 quilómetros desta estrada anunciada polo Goberno


O Estado contrata por máis de 12 millóns a conservación da A-52 na provincia de Ourense

25/04/2024 12:46

O contrato abarca máis de 90 quilómetros da Autovía das Rías Baixas e as súas conexións coa cidade de Ourense e coa A-53


Bruxelas abre expediente por segunda vez a España pola prórroga da concesión da AP-9

24/04/2024 14:43

A Comisión Europea xa declarara ilegal a concesión concedida polo Goberno de Aznar ao non facerse mediante un concurso público aberto a máis empresas e concederselle a dedo a Audasa

A asociación En-Colectivo ve "cada día máis preto" conseguir que "finalice" a cobranza de peaxes e pide "transparencia" ao Goberno

Óscar Puente garante que nesta lexislatura non se vai pagar polo uso de autovías


Multas en Redes por non prestar atención aos sinais

24/04/2024 14:37

200 euros é o que teñen que pagar os visitantes que entren e circulen pola vila

Etiquetas:  TRÁFICO

(Europa Press/Jesús Hellín)

Óscar Puente garante que nesta lexislatura non se vai pagar polo uso de autovías

24/04/2024 11:24

O ministro de Transportes e Mobilidade Sostible reprocha ao PP que as peaxes de autoestradas que aínda se pagan son pola súa responsabilidade ao prorrogar concesións


Recollen sinaturas contra os novos horarios de Renfe

23/04/2024 19:28

A media hora de adianto no primeiro tren de Vigo á Coruña enfada os usuarios

Renfe di que é temporal, pero os viaxeiros piden alternativas


A entrada en servizo dos Avril permitirá rorganizar o mapa ferroviario de nove comunidades

19/04/2024 14:27

Óscar Puente non detalla o número de trens nin as prazas que se destinarán a Galicia


Lugo segue á marxe da alta velocidade

19/04/2024 14:18

A estación luguesa só ten tres conexións diarias con Madrid

Moitos viaxeiros optan por coller o tren dende as estacións de Ourense ou León

A entrada en servizo dos Avril permitirá rorganizar o mapa ferroviario de nove comunidades

Etiquetas:  AVE   TREN

Os trens Avril arrasan en Galicia: máis de 13.000 billetes vendidos en menos de 24 horas

18/04/2024 21:14

Entre Galicia e Asturias vendéronse case 23.000

Etiquetas:  TRENS AVRIL

Xa se pode coñecer en só unha hora a nota do exame teórico do carné de conducir

18/04/2024 13:59

En caso de superar a proba práctica, o aspirante disporá ao momento do permiso provisional de condución a través da app da DXT

Etiquetas:  TRÁFICO

Saen á venda dende 18 euros os billetes dos trens Avril

17/04/2024 16:14

Para celebrar a posta en servizo dos S106, Renfe lanza 33.000 billetes con prezos reducidos para os novos servizos AVE entre Galicia e Madrid

 

Publicidade
Publicidade