Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os artistas das residencias de música e literatura reclaman no Pazo de Mariñán máis espazos para pensar

Os artistas das residencias de música e literatura reclaman no Pazo de Mariñán máis espazos para pensar

Subliñan a necesidade de que as institución apoien máis proxectos creativos afastados das lóxicas produtivistas

Estas residencias organízaas a Deputación da Coruña e consisten en 12 días de asesoramento, convivencia e debate

G24.gal 26/04/2024 14:17

A Torna é a quenda que as comunidades agrarias usaban para repartir a auga. E é tamén o nome dun dos proxectos nutridos pola residencia de artistas dos Pazo de Mariñán.

"Neste mundo cada vez máis mass-media, máis globalizado e máis diluído, e onde todo ten que ser ofrecer produtos xa, ter un sitio onde poder centrarse no proceso de creación é a verdadeira innovación", explica Gutier Álvarez, residente e membro do proxecto musical A Torna.

"Ademais durante a residencia de artistas facemos un acompañamento profesional, unha serie de asesorías e formación onde axudar a viabilidade futura dos proxectos", engade Aitana Cuétara, que e comisaria das Residencias de Música. Hai titorización artística, pero sobre todo, tempo e espazo para reflexionar en común.

"É revolucionario poder estar exposta a tantas ideas e perspectivas diferentes", di Laura M. Mateo, residente de Literatura.

Roberto Abuín, o comisario das Residencias de Literatura e Pensamento, considera que estamos nun tempo complexo "onde semella que hai unha desorientación ética xeneralizada a nivel planetario, e o que precisamos é parar e pensar no medio da treboada".

E para iso serven residencias coma esta, que poñen o foco en que, máis alá das lóxicas economicistas, a cultura e a filosofía proporcionan o necesario debate conceptual que serve para camiñar con rumbo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos