Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
			
		
		
			
			
				A Policía Nacional detivo dúas persoas na Coruña durante a inspección técnica dun edificio ocupado
Os dous detidos estaban en busca e captura
            
                            G24.gal
                        
                            31/10/2023 20:50
                        
                        
                                Última actualización 31/10/2023 21:11
                        
                        
                    
                    Na Coruña, a Policía Nacional detivo dúas persoas cando os axentes estaban a prestar apoio na inspección técnica dun edificio ocupado.
Formaban parte dos efectivos municipais e policiais desprazados estes martes ao número 120 da Ronda de Nelle para comprobar a seguridade do inmoble e evitar desprendementos.
Foi entón cando os axentes identificaron a estas persoas que estaban en busca e captura.