Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
			
		
		
			
			
				Vivir nunha Curva, unha iniciativa privada no extrarradio do extrarradio
Na parroquia de Meira, no concello de Moaña, leva fervendo dende hai meses un novo espazo para a cultura
O nome vén dunha peza de videoarte dos anos 80 de Nel Díaz Piñeiro, un dos cabezas do proxecto
Na actualidade ten aberta unha mostra dos fotógrafos Olga García, Miguel Núñez e John van Schilit
 
                            G24.gal
                        
                            06/11/2023 15:07
                        
                        
                                Última actualización 06/11/2023 16:22
                        
                        
                    
                    Na ría de Vigo agroman os proxectos creativos. Na parroquia de Meira, no concello de Moaña, un grupo de artistas mantén en pé o espazo Vivir nunha Curva. O que foi unha tenda de deportes mudou nunha iniciativa que convoca creadores.
Dende o verán prolóngase a exposición Agosto tripolar, que reúne as moi diferentes olladas de tres fotógrafos do Morrazo.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
                