Novas
Contido con Xeográficas .
Santiago

Un peregrino paga por carta un almorzo vinte días despois de marchar sen pagar
13/12/2021 13:19
Envía 3,50 euros polo almorzo e 1,50 de propina e descúlpase
A carta ten remite de Benidorm e os donos de Arca Gourmet non o coñecen

Unha muller falece nunha colisión múltiple en Rianxo
12/12/2021 21:29
O sinistro mortal aconteceu na autovía da Barbanza á altura de Taragoña
Estaban implicados tres vehículos
O domingo houbo outro accidente en Bergondo: un home atropelou un garda civil nun control de alcoholemia

Investigan a pintada feita na estatua de Lorca na Alameda de Santiago
12/12/2021 18:25
Diferentes institucións e colectivos, incluído o consistorio, condenaron o acto vandálico

O Sergas apura a vacinación de reforzo polo aumento dos contaxios
11/12/2021 14:27
O luns vindeiro comeza a administrarse a dose de reforzo dos maiores de 50 anos
En poucos días remata a aplicación da terceira dose en maiores de 60 e persoal sanitario

Axudas da Xunta para rehabilitar vivendas e edificios nos Camiños de Santiago
11/12/2021 13:36
1,3 millóns de euros para a rehabilitación en 55 concellos

Adíase o Valencia-Obradoiro deste domingo por un gromo no equipo laranxa
10/12/2021 12:35
Vaise adiar tamén o Valencia-Breogán

Renfe defende os cambios de horario do Avant pola chegada do AVE e di que haberá máis frecuencias
10/12/2021 08:13
Renfe achaca o cambio de horarios de Avant coa chegada do AVE a "aproveitamento de servizos"

Identificados os dous primeiros casos de ómicron en Galicia, na área de Vigo
10/12/2021 07:33
Outros dez casos sospeitosos están en estudo

A Xunta acelera a vacinación e estende a esixencia do certificado covid
10/12/2021 07:31
Citará a partir do 15 ao grupo de 9 e 11 anos para recibir a vacina
Habilitará nas farmacias test gratuitos para menores sen inmunizar
Esixirá certificado en actos masivos e cines, e reducirá comensais por mesa

A Xunta prevé finalizar a demolición da antiga estación de autobuses de Santiago en xaneiro
09/12/2021 14:54
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visitou este xoves as obras no lugar onde está previsto que se constrúa o novo complexo administrativo de San Caetano