Publicador de contidos

Content with Temática Igualdade and tag trata mulleres .

Publicador de contidos

Content with Temática Igualdade and tag trata mulleres .

Trata Mulleres

Detidos uns pais que pactaron a voda da súa filla cun curmán a cambio de mil euros

08/07/2024 12:29

A vítima, de 22 anos, atopábase en situación de vulnerabilidade e sufrira durante anos malos tratos físicos e psíquicos por parte dos seus familiares

A muller fuxíu do domicilio familiar e acudiu a un centro especializado na atención de mulleres vítimas de malos tratos


Liberan en Alacant once mulleres vítimas de explotación sexual, dúas delas menores

04/03/2024 11:36

Os axentes rexistraron dous chalés utilizados pola banda como prostíbulos, onde os seus membros retiñan e explotaban as vítimas

Hai trece detidos, que xa foron postos a disposición xudicial


Arrestaron dúas persoas en Oviedo (Policía Nacional e Policía Federal de Brasil)

Desartellada unha organización que captaba mulleres no Brasil

21/12/2023 11:37

A organización estaba asentada en Galicia e Asturias, operando por varias cidades da xeografía española

Explotaban sexualmente mulleres e transexuais vulnerables, a quen enganaban coa promesa de realizar un traballo diferente á prostitución e ben remunerado


Policía Nacional española e Policía Nacional romanesa entrando nun dos edificios onde se levaba a cabo a actividade (EFE)

Liberan 14 mulleres vítimas dunha rede de explotación sexual en Valencia

11/12/2023 12:24

Os corpos de seguridade detiveron nove integrantes da organización criminal, que operaba entre Romanía e Valencia


Desarticulado un grupo que explotaba mulleres nun chalé de Santiago

09/05/2023 16:39

Aproveitábanse dunha muller cun alto grao de discapacidade e carente de recursos

Hai tres detidos, que xa foron postos en liberdade con cargos


Deteñen unha parella por explotar sexualmente máis de 120 mulleres en Valencia

04/03/2023 11:54

Crearon axencias de modelos e podutoras de cine en Elx e Novelda para facerse pasar por empresarios e captar as vítimas

Agrediron sexualmente algunhas das mulleres ás que obrigaban a traballar mesmo estando enfermas e a levar dispositivos de xeolocalización

Ingresaron en prisión imputados por agresión sexual continuada, prostitución coactiva e falsidade documental


Detido por reter unha prostituta ameazándoa cunha pistola tras negarse a pagarlle

10/11/2022 12:57

Axentes da Policía Local viron a muller pedindo axuda por unha fiestra

O home, veciño de Vigo, quedou en liberdade, investigado por un delito de detención ilegal

A pistola que empregou o detido era de simulación


España dirixe un operativo contra o tráfico de armas e a trata de persoas con 382 detidos

05/11/2022 13:54

A operación policial europea coordinada desde o Centro de Intelixencia contra o Terrorismo e o Crime organizado contou con Eurojust, Frontex e Interpol

Participaron 16.000 axentes de 28 países entre o 26 e o 29 de outubro

Permitiu controlar 74.000 persoas, a inspeccción de máis de 30.000 vehículos e uns 1.000 rexistros

Publicidade
Publicidade