Novas
Contido coa etiqueta .
Maltrato Animal

Os casos de cans envelenados increméntanse alarmantemente na Coruña
24/01/2023 14:06
Unha clínica veterinaria do barrio de Vioño atendeu nos últimos tres meses dez cans tras seren danados ou envelenados

Dereitos Sociais nega que maltratar un animal se castigue máis ca maltratar a parella
21/11/2022 16:33
Un informe do Consello Xeral do Poder xudicial advirte de que a pena por maltratar unha mascota para causar dano á parella é maior para a fixada para as lesións á propia parella
Dereitos Sociais explica que o comportamento regulado na lei é violencia vicaria e argumenta: "Faise dano ao animal e tamén á persoa por tanto a pena é maior"

Investigan dous homes da Lama por envelenar e arrastrar unha cabra cun todo terreo
20/10/2022 16:23
A Garda Civil cre que a intención era atraer lobos para abatelos

Deteñen un home en Forcarei por matar e decapitar un can
18/10/2022 16:49
Os veciños falan dunha persoa moi conflitiva que os ten ameazados a todos

Condenada a 18 meses de prisión a dona dun can que morreu de fame en Ribadeo
18/10/2022 13:25
"Levaba encerrado, co bozo constantemente posto durante semanas, ou mesmo meses, causándolle a morte por inanición", segundo a sentenza

O Goberno solicita á Fiscalía que paralice o torneo do Toro de la Vega
08/09/2022 13:25
A Dirección de Dereitos dos Animais insta á Fiscalía a que se establezan medidas cautelares para a non autorización e alega que as súas novas bases contraveñen o Regulamento de Espectáculos Taurinos Populares de Castela e León

Investigan un veciño de Padrón por maltrato animal a tres mastíns
04/09/2022 11:18
Localizaron os tres cans en "evidente estado de abandono" en situación hixiénico-sanitarias "desfavorables"

Investigan un home por abandonar o seu can nunha casa en Ames tras mudarse a Santiago
16/07/2022 12:55
A Garda Civil rescatou o animal tras a denuncia de varios veciños que escoitaban chorar e xemer o can

Localizan un can morto e outro famélico abandonados nunha leira en Cambados
13/06/2022 13:58
O Seprona investiga o caso por un posible delito de maltrato animal

Investigada unha veciña de Boiro por envelenar o seu can ata matalo
09/06/2022 09:53
Efectivos do Seprona atoparon o can mentres convulsionaba, tiña diante un comedeiro con veleno estaba tirado no chan e atado a unha árbore cunha cadea sen colar
A Garda Civil procedeu á investigación desta persoa como suposta autora dun delito de malos tratos de animais con resultado de morte