Novas
Coches
O presidente de Austria encarga formar novo goberno sen a ultradereita
22/10/2024 16:07
Ningún partido está disposto a aliarse coa ultradereita, gañadora dos comicios
As altas presións marcan a situación atmosférica en Galicia
22/10/2024 15:59
Os galegos reciclan un 8 % máis de medicamentos que o resto de España
22/10/2024 15:59
Nos puntos Sigre das farmacias recóllense medicamentos caducados ou que xa non se necesitan
Durante os primeiros 6 meses do ano, cada cidadán reciclou 116 gramos de residuos farmacéuticos, fronte aos 107 de media no resto do Estado
Ourense, camiño de converterse en zona azul do planeta
22/10/2024 15:49
As zonas azuis son lugares en que a poboación ten unha lonxevidade moi alta independentemente dos seus ingresos ou coidados sanitarios
Un home mata a súa muller e entrégase á Policía en La Mojonera (Almería)
22/10/2024 15:47
Matouna no domicilio familiar
Tiñan catro fillos, e no momento do suceso estaba na casa a máis cativa, de 3 anos
Investígase xa o caso como violencia machista, e, de confirmarse, elevaría a 39 as vítimas mortais este ano en España
Máis de 20 anos de cárcere para o expresidente peruano Alejandro Toledo por corrupción
22/10/2024 15:30
Está acusado de delitos de colusión e lavado de activos polos subornos recibidos da empresa brasileira Odebrecht
O FMI eleva cinco décimas a previsión de crecemento de España en 2024, ata o 2,9 %
22/10/2024 15:06
A institución mantén un crecemento do 2,1 % da economía española en 2025
A proximidade do Día de Defuntos dispara as vendas nas florerías
22/10/2024 15:04
Os crisantemos son as flores que máis se demandan
22/10/2024 14:59
Testemuñas da agresión a Samuel Luiz confirman que viron "unha persoa recibindo patadas e golpes"
Carlos Negro achéganos xogos literarios entre a realidade e a ficción e a tolemia e a razón
22/10/2024 14:53
Lara Dopazo ofrece unha mirada entre Julio Cortázar e David LyncH
O traballo de tradución de Alba Verea con Han Kang é moi salientable
A autora coreana escribe sobre a autodestrución e o medo aos monstros reais
Francisco Remiseiro e José Mosquera: "Hai algo humano na madeira"
22/10/2024 14:41
Estes dous artistas intercambian esculturas e retratos a lapis nunha mostra conxunta
Ambos son escultores e considéranse superviventes da creación artística
Superviventes, exposición aberta na Sala Apostrophe de Vigo
Natalia Balseiro: "Os comuneiros de Couso querían que os veciños recoñezan o seu traballo"
22/10/2024 14:32
'Os sentires do monte' é unha intervención da artista Asunción Molinos tras un proceso de diálogo coa comunidade de montes de Couso
A proposta consiste na elaboración dun documento e celebración dun ritual anual colectivo arredor do propio monte
'Terra Común' forma parte do proxecto 'Concomitentes', co apoio europeo de Art Living Lab for Sustainability
O Goberno acusa a Ayuso de "absentismo laboral" por plantar a Sánchez
22/10/2024 14:28
A presidenta madrileña insiste en que non acudirá á Moncloa para evitar "branquear" o pacto do PSOE e ERC de financiamento para Cataluña
O líder do PP tenta minimizar a polémica
Rebaixan a menos da metade a pena solicitada para a acusada polo crime de Cortegada
22/10/2024 14:25
A segunda e derradeira sesión do xuízo polo crime de Cortegada causou sorpresa na sala
A fiscala rebaixou a pena solicitada para a acusada de 18 a 8 anos de prisión
Unha medida coa que estivo de acordo o avogado da defensa, que inicialmente pedía a libre absolución
Bota a andar en Verín o novo centro de urxencias e PAC que dará servizo a máis de 40.000 doentes
22/10/2024 14:24
Alfonso Rueda dixo que a Xunta seguirá reforzando os hospitais comarcais de Galicia
Rouban a imaxe de Santa Rita na capela de Ponte Beluso, en Boiro
22/10/2024 14:20
Denuncian saqueos constantes no peto da capela, pero esta vez cren que os vándalos actuaron "por vinganza"
A veciñanza, disposta a facer gardas na capela para frear a vaga de roubos
A xustiza estuda a última bala de Begoña Gómez para apartar o xuíz Peinado
22/10/2024 14:17
A muller do presidente do Goberno acusa ao maxistrado de prevaricación. Os outros dous intentos foron rexeitados
Patxi López confirma que estuda querelarse contra "este PP" para frear a "difamación e o acoso"
Un incendio calcina maquinaria dunha granxa de Guntín
22/10/2024 14:16
O lume iniciouse de madrugada na parroquia de Ferroi
Conseguiron salvar as vacas, pero morreron algúns coellos
Aumentan os accidentes provocados por condutores kamikazes que circulan en sentido contrario
22/10/2024 14:15
Nas últimas 24 horas houbo dous, o máis grave en Logroño, coa morte dunha muller embarazada e o seu bebé
O máis recente foi esta mañá en Murcia, nel unha persoa resultaba ferida grave
Nos dous casos o condutor suicida deu positivo en alcol e drogas
Empresarias galegas dan as claves para mellorar o rendemento dos negocios
22/10/2024 14:06
O márketing e a intelixencia artificial, as mellores ferramentas para conseguir o éxito
Mulleres emprendedoras e líderes profesionais galegas celebran en Vigo o VIII Congreso Empresarial
Un centro de Oleiros para persoas con discapacidade sofre a cuarta acción vandálica en tres meses
22/10/2024 13:52
Unha furgoneta da asociación Aspadisol quedou totalmente inutilizada polos danos causados
O Deportivo-Rácing de Santander, declarado de alto risco
22/10/2024 13:41
A catalogación de alto risco do encontro é posterior á proposta da Policía Nacional de impoñer multas que suman 30.000 euros aos ultras responsables dos altercados que se produciron antes do partido entre Deportivo e Málaga
Atracan un matrimonio pistola en man na súa vivenda de Ribadumia
22/10/2024 13:31
O home deulles uns 800 euros que levaba no peto porque tivera que facer un pago e advertiunos de que estaba agardando a visita do seu fillo
A Xunta promove en Santiago vivendas de aloxamento compartido para xente nova
22/10/2024 13:27
A edificación situaranse na rúa Xoán XXIII e as vivendas terán unha superficie útil de 30m2
22/10/2024 13:19
Na Xunta aseguran que aumentaron o profesorado, a pesar de baixar o número de alumnos
Javi Rodríguez renova co club da súa vida ata o 2028
22/10/2024 13:10
Natural de Poio, Javi Rodríguez chegou á Madroa en categoría Benjamín B e desde entón escalou cada unha das categorías ata chegar ao primeiro equipo
Un empregado de Adif fixo descarrilar o tren de Madrid para evitar danos maiores
22/10/2024 12:55
O ministro de Transportes asegura que o fixo "para evitar un risco para as persoas e para outros trens"
Adif e Renfe remiten á investigación aberta
O Constitucional rexeita a recusación do PP contra a maxistrada Díez pola amnstía
22/10/2024 11:42
Fontes xurídicas informaron de que a Corte de Garantías desestimou o incidente de recusación por oito votos a un, o da maxistrada conservadora Concepción Espejel
O Congreso rexeita a petición do Senado de volver votar a lei de antecedentes penais
22/10/2024 11:38
A cámara baixa alega que non procede atender a solicitude do Senado porque votou fóra de prazo a lei
O PP considera que estamos ante un "veto" e avanza que presentará un conflito de competencias ante o Tribunal Constitucional
Rubén Domínguez dimite como adestrador do Ourense C. F.
22/10/2024 11:16
É, xunto ao Recreativo de Huelva, pechacancelas do grupo 2, o único equipo da categoría de bronce que aínda non coñece a vitoria
O Goberno aproba un decreto que rebaixa as maiorías para elixir o Consello de RTVE
22/10/2024 10:47
O Consello de Administración de RTVE pasaría a ter quince membros, 11 elixidos polo Congreso e 4 polo Senado, que se designarán por maioría de dous terzos nunha primeira votación, pero que chegará coa absoluta nun segundo intento
"Garántolles que o próximo Consello de Administración de RTVE será o máis plural da historia", asegurou o ministro
A Xustiza arquiva definitivamente a investigación pola morte de Déborah Fernández
22/10/2024 09:49
A familia hai xa máis dun ano que renunciara a que a vía xudicial dese resultados
Deteñen un veciño de Teo por roubar en 21 vehículos en menos de dúas horas
22/10/2024 09:45
Impútanselle 38 delitos contra o patrimonio, en concreto 36 delitos de roubo con forza no interior de vehículos, un delito de roubo con forza mediante escalada e un delito de estafa
O seu modus operandi consistía en romper os cristais dos vehículos con pequenas pedras e subtraer pertenzas como documentación, obxectos de valor e diñeiro en efectivo
Un morto e quince feridos pola colisión de dous trens en Gales
22/10/2024 09:38
Os convois colidiron a noite pasada cando viaxaban a pouca velocidade polo condado de Powys
Os feridos foron trasladados ao hospital con lesións leves
Gol olímpico de Gabri Veiga co Al Ahli saudita
22/10/2024 09:11
O xogador do Porriño demostra estar totalmente recuperado e marcou un golazo de córner directo
Chega a Galicia Finexit, unha 'scape room' financieira para alumnos de FP
22/10/2024 09:09
Busca que os estudantes aprendan xogando conceptos básicos de economía
España está á cola dos países europeos en cultura financeira
Hezbollah anuncia tres ataques con "mísiles cualitativos" contra o norte e o centro de Israel
22/10/2024 08:50
O grupo xiíta reiterou que os seus ataques van "en apoio ao pobo e a resistencia de Palestina", "en defensa do Líbano" e en resposta aos "masacres que comete o inimigo israelí"
O exército israelí dixo, pola súa banda, este martes que as sirenas antiaéreas soaron en distintos puntos do centro e do norte de Israel, incluído Tel Aviv, polo lanzamento de proxectís de Hezbollah, na súa maioría interceptados polas defensas antiaéreas
Polo menos cinco mortos, incluídos tres menores, nun tiroteo en Seattle
22/10/2024 08:40
As forzas de seguridade detiveron un adolescente de 15 anos que residía na vivenda onde se produciron os feitos
Outro menor foi trasladado ao hospital con feridas de bala
Aprobada a lei de recursos naturais, a primeira da lexislatura, co voto en contra da oposición
22/10/2024 08:28
Nacionalistas e socialistas coincidiron en votar en contra desta lei, que consideran unha "oportunidade perdida" para regular a explotación de recursos naturais
Os populares defenderon que a lei cumpre o seu obxectivo de "garantir que calquera proxecto de renovables redunde en beneficios directos e medibles para o conxunto da poboación"
O PPdeG rexeita tramitar unha iniciativa para declarar de interese xeral o sector do mar
Seis mortos pola tormenta tropical Óscar ao seu paso polo oriente de Cuba
22/10/2024 08:04
Os evacuados cóntanse por miles e están por avaliar os cuantiosos danos en infraestruturas públicas, vivendas e a agricultura, especialmente o café