Publicador de contidos

Contido coa etiqueta cartas explosivas .

Publicador de contidos

Contido coa etiqueta cartas explosivas .

Cartas Explosivas

A Fiscalía solicita 22 anos de cárcere para o acusado de enviar seis cartas con explosivos a varias insitucións

22/03/2024 12:07

A fiscal da Audiencia Nacional acúsao dun delito de terrorismo (10 anos) e doutro de fabricación, tenza, colocación e emprego de aparellos explosivos (12 anos)

Reclámalle ademais o pago dunha indemnización de 1.500 euros para o traballador da embaixada de Ucraína que quedou ferido ao manexar a carta que enviou alí o acusado


Momento da detención en Miranda de Ebro (EFE/Santi Otero)

Envían a prisión por delitos de terrorismo o detido polas cartas bomba

27/01/2023 14:37

O xuíz admite que non hai indicios de que pertenza ou colabore con algún grupo terrorista organizado, pero pensa que hai risco de fuga e de ocultación de probas

O instrutor teme que o detido tivese intención de fuxir a Rusia


Un xubilado de 74 anos detido polo envío das cartas explosivas

25/01/2023 10:30

O arrestado é un xubilado de 74 anos, residente en Miranda de Ebro e extraballador do concello de Vitoria

Fontes da investigación sinalan que é unha persoa moi activa en redes sociais, con coñecementos técnicos e informáticos e sen antecedentes nin vínculos con formacións políticas


Embaixada de Ucraína en Madrid (EFE/Sergio Pérez)

Interceptan novos sobres sospeitosos dirixidos á embaixada de Ucraína e aos consulados en Málaga e Barcelona

05/12/2022 17:22

Correos detectou os envíos que ían destinados ás sedes diplomáticas


A policía sospeita que os sobres explosivos procedían de Valladolid

03/12/2022 20:23

As primeiras pescudas apuntan a unha mesma autoría de todos os envíos


Policía e Garda Civil investigan quen mandou as cartas e paquetes sospeitosos

A ministra de Defensa pide non especular sobre os paquetes explosivos

03/12/2022 14:26

As autoridades extreman as precaucións coas cartas e paquetes sospeitosos

Margarita Robles confía en que a policía determine pronto a autoría dos envíos


A embaixada de Ucraína en Madrid recibe un paquete cun ollo dun animal dentro

02/12/2022 15:10

Esta é a segunda carta ameazante que chega á legación diplomática en España 


Axentes da Policía Nacional e da Garda Civil na embaixada dos EUA en Madrid (EFE/Fernando Villar)

O Goberno non ve motivo para elevar a alerta terrorista polo envío de cartas explosivas

02/12/2022 10:33

Os seis sobres sospeitosos contiñan pólvora e pequenos anacos de metralla

Fontes da investigación explican que son moi sinxelos e sinalan que calquera persoa accedendo a Internet podería elaborar eses paquetes bomba


Axentes de policía na contorna da embaixada ucraína, este mércores. (EFE/ Fernando Villar)

Fan estoupar un sexto paquete con material pirotécnico na embaixada dos EUA

01/12/2022 14:37

Son sobres de cor marrón con "similares características", entre elas a coincidencia na caligrafía

Houbo envios á Moncloa dirixidos a Pedro Sánchez e outro ao Ministerio de Defensa, dirixido a Margarita Robles


Interceptan un sobre con material pirotécnico dirixido a Pedro Sánchez

01/12/2022 10:45

A embaixada de Ucraína en Madrid, unha empresa de armamento de Zaragoza, a base aérea de Torrexón e a sede do Ministerio de Defensa recibiron sobres con material explosivo nas últimas 24 horas


Imaxe da zona onde está Instalaza en Zaragoza, onte á noite. EFE / Toni Galán

Chega un terceiro sobre con explosivo, este á base aérea de Torrexón de Ardoz

01/12/2022 09:10

O sobre sospeitoso ía dirixido ao Centro de Satélites, segundo informaron os Ministerios de Interior e de Defensa

Este mércores chegou o primeiro sobre explosivo á embaixada de Ucraína en Madrid e pola tarde outro a Instalaza, unha empresa de Zaragoza que fabrica armamento



Investigan por terrorismo a explosión dun sobre na Embaixada de Ucraína en Madrid

30/11/2022 14:37

O artefacto caseiro que ía no sobre explosionou cando o empregado abriu o sobre

Ao parecer a carta ía dirixida ao embaixador e non pasou polo escáner, abriuna un membro de seguridade no xardín

O membro de seguridade ten feridas leves

Publicidade
Publicidade