Publicador de contidos

Contido con Portadas Webcams .

Publicador de contidos

Contido con Portadas Webcams .

Webcams

Vigo (móbil)

14/03/2022 12:19

Cámara web con movemento de 180º situada na azotea do hotel Bahía de Vigo. Obsérvase a ría, a estación marítima, o peirao de transatlánticos, o porto deportivo, o monte da Guía, a avenida de Montero Ríos e, ao fondo, Moaña.


Sanxenxo

25/10/2021 13:10

Cámara web situada no aparcadoiro do porto deportivo Xoán Carlos I. Ofrece imaxes da vila, do porto, de Portonovo e da praia de Silgar.


Praza do Obradoiro

25/10/2021 13:09

Cámara web situada nunha balconada do Pazo de Raxoi, sede da Presidencia da Xunta de Galicia e do Concello. Á esquerda da imaxe vese o Hostal dos Reis Católicos, á fronte a fachada do Obradoiro da Catedral e á dereita o Colexio de San Xerome.


Praza das Praterías

25/10/2021 13:08

Cámara web situada na Casa do Deán, na rúa do Vilar. Esta edificación, do século XVIII, acolle hoxe en día a Oficina do Peregrino. A imaxe ofrece unha visión da fachada románica das Praterías, unha das portas de entrada máis sobranceiras da catedral.


Portonovo

25/10/2021 13:07

Cámara situada no Club Náutico. Obsérvase a praia de Baltar, o porto pesqueiro e o deportivo, o paseo marítimo, o peirao do Chasco e parte do centro urbano da vila.


Portomarín

25/10/2021 13:06

Cámara web con movemento de 180º situada no Concello de Portomarín. Ofrece imaxes da praza Conde de Fenosa, da igrexa de San Xoán e do Camiño de Santiago.


Ourense (fixa)

25/10/2021 13:04

Cámara web fixa situada no Seminario. Ofrece unha panorámica da cidade atravesada polo río Miño. Obsérvase a ponte do Milenio, a Ponte Vella e as demais pontes que permiten a conexión entre as dúas beiras do río.


Pedroso

25/10/2021 13:04

Cámara web situada no monte Pedroso. A imaxe renóvase cada trinta segundos e ofrece unha panorámica de Santiago de Compostela en que destacan as torres da catedral.


O Cebreiro

25/10/2021 12:55

Cámara web situada no albergue de peregrinos do Cebreiro, no Camiño Francés a Santiago, entre as elevacións dos Ancares, O Capeloso e O Courel. A zona ten unha altitude media aproximada de 1.300 metros.


Ferrol

25/10/2021 12:54

Cámara web situada en Montefaro, no concello de Ares, desde onde se albiscan as dúas beiras da ría de Ferrol. No centro da imaxe enxérganse os estaleiros de Izar e o barrio de Caranza.

Publicidade
Publicidade
— 10 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 10 de 32 resultados.