Publicador de contidos

Contido con Temática Actos de campaña .

Publicador de contidos

Contido con Temática Actos de campaña .

Actos De Campaña

Rueda: "Os verdadeiros socialistas deben confiar en nós"

16/02/2024 21:13

O candidato do PPdeG apela aos votantes do PSOE desencantatos co seu partido

O líder dos populares agredece a mobilización da "mellor campaña que recorda"


Ada Colau e Yolanda Díaz pechan campaña con Sumar Galicia

Marta Lois espera que Sumar Galicia entre no Parlamento

16/02/2024 20:40

A candidata pecha a campaña con Ada Colau e Yolanda Díaz

Di que aínda están en xogo dous escanos


O BNG pecha campaña en Santiago pedindo o voto para abrir un tempo novo en Galicia

16/02/2024 20:40

Ana Pontón: "Síntome tremendamente orgullosa da campaña que estamos facendo"

Ana Pontón confía en facer historia e en liderar un cambio político na Xunta


Os socialistas confían en dar a sorpresa o domingo ao ser o único partido garante de cambio

16/02/2024 20:38

 Remata en Santiago unha campaña intensa, onde o candidato Besteiro percorreu máis de 16.000 quilómetros por toda Galicia para dar a coñecer o seu modelo de país

Besteiro pide concentrar o voto no Partido Socialista porque asegura son os únicos que van saber gobernar o cambio


Podemos Galicia reivindícase como a forza valente e transformadora da esquerda

16/02/2024 20:08

A formación morada pecha a campaña cun acto festivo na Coruña

Isabel Faraldo anima ao voto para poder ter voz no Parlamento de Galicia


Alfonso Rueda con Díaz Ayuso, en Vigo

Rueda pide que Galicia aposte pola estabilidade e fuxa de liortas

16/02/2024 14:45

Rueda: "Hai que elixir entre a Galicia que funciona ou o multipartito de esquerdas"

Ayuso: "Ollo co independentismo: cando entran xa non saen"


Pontón asegura que o domingo o BNG vai facer historia

16/02/2024 14:20

O BNG di estar orgulloso do traballo feito esta campaña

Os candidatos nacionalistas polas catro provincias fixeron hoxe campaña en Santiago


Besteiro invita os galegos a apostar polo cambio seguro que ofrece o PSOE

16/02/2024 14:10

O socialismo, dixo, é sinónimo de estabilidade e de xestionar ben as oportunidades que virán durante os vindeiros anos

Comprométese na loita contra o reto demográfico, centrado na “reindustrialización con máis empregos e mellores salarios”


Marta Lois e Yolanda Díaz.

Sumar promete intervir o prezo do alugueiro se participa nun goberno tripartito

16/02/2024 14:00

Marta Lois asegura que outras forzas de esquerdas non son tan valentes

Yolanda Díaz acompaña a candidata nun mitin en Vigo


Podemos Galicia di que a mellora da sanidade pública é un dos eixes da súa campaña

16/02/2024 13:50

O candidato por Ourense,Víctor Ferreiro, reúnese coa Asociacion de TDAH

A formación morada defende que é a única forza capaz de levar a verdadeira política de esquerdas ao Parlamento


Rueda pide fuxir das liortas dos independentistas

Rueda pide o voto para librar a Galicia das liortas e do independentismo

15/02/2024 20:49

Acusa o PSOE de querer traer a Galicia as chantaxes dos nacionalistas

Comprométese a seguir defendendo a xente do sector mar-industria


Ione Belarra pide dar forza a Podemos Galicia para liderar un verdadero cambio

15/02/2024 20:45

A exministra arroupou a candidata Isabel Faraldo nun acto na Coruña

Di Belarra que PSOE e BNG xa gobernaron e non representan nada novo para Galicia


O BNG di que vai impulsar o potencial de Vigo como motor industrial do país

15/02/2024 20:45

Os nacionalistas afrontan as últimas horas de campaña apelando ao cambio en Vigo

A candidata á presidencia participou nun mitin xunto ao cabeza de lista pola provincia Luís Bará


Marta Lois, no mitin de Pontevedra

Sumar Galicia pecha a xornada electoral en Pontevedra

15/02/2024 20:43

Yolanda Díaz e Ernest Urtasun acompañan a candidata

Marta Lois pide apoio para formar parte dun tripartito


Pedro Sánchez puxo en valor o candidato Besteiro como a opción máis fiable de goberno

15/02/2024 20:30

O líder dos socialistas quixo estar presente nesta recta final da campaña en Galicia para arroupar o candidato Gómez Besteiro

Os socialistas apuran estes dous días para mobilizar o seu electorado e intentar convencer os simpatizanes de que só eles representan o cambio seguro para Galicia


Rueda fai un chamamento o voto dos galegos moderados.

Rueda pide o voto dos galegos que non queren separatismo

15/02/2024 16:00

Fai un chamamento ao votante socialista para non entregar Galicia ao independentismo

Anuncia a inmediata construción de 400 vivendas públicas


O BNG comprométese a crear unha Valedoría da Igualdade

15/02/2024 15:26

Esta figura representaría as mulleres nas relacións no ámbito laboral

Anunciouno Ana Pontón nun encontro con mulleres en Santiago


Besteiro comprométese a incrementar os orzamentos que se destinan á igualdade

15/02/2024 14:35

Besteiro asegura que o 18F vai haber cambio, pero advirte de que ten que ser seguro e fiable

Di que iso só o garanten os socialistas porque teñen experiencia de xestión e representan un proxecto serio e solvente


Marta Lois con Yolanda Díaz e Íñigo Errejón

Sumar Galicia quere subir impostos a rendas altas e a moitas empresas

15/02/2024 14:29

É unhas das medidas que proporán se entran no goberno de Galicia

Marta Lois tivo un encontro con mozos, acompañada de Yolanda Díaz e Errejón


Ione Belarra pide dar forza a Podemos Galicia para liderar un verdadero cambio

15/02/2024 13:39

A exministra arroupou a candidata, Isabel Faraldo, nun acto na Coruña

Di Belarra que PSOE e BNG xa gobernaron e non representan nada novo para Galicia


Rueda: "Pido o voto dos votantes do PSOE que non queren o separatismo"

14/02/2024 20:55

O candidato do PPdeG comprométese a seguir baixando impostos "fronte á esquerda confiscadora"

O líder dos populares ve "a maior mobilización nunha campaña" e pide unha vitoria "contundente"


O BNG di en Carballo que o cambio o 18F é imparable

14/02/2024 20:50

A candidata á presidencia da Xunta non participou no mitin

Os nacionalistas din que Carballo precisa un goberno que sexa aliado


María Jesús Montero apelou ao voto masivo a Besteiro para conseguir o cambio en Galicia

14/02/2024 20:39

Nas Pontes, a vicesecretaria xeral do PSOE María Jesús Montero destacou que sobran os motivos para votar a Besteiro

Besteiro insistiu esta mañá en Santiago en que todo está aberto e confía na mobilización dos seus votantes para superar as enquisas


Marta Lois e Enrique Santiago

Sumar pide ser parte dun goberno tripartito

14/02/2024 20:30

Marta Lois e Enrique Santiago participan nun mitin en Vilagarcía

Piden o voto para as políticas valentes da esquerda


Pablo Iglesias irrompe na campaña electoral galega para apoiar o proxecto de Podemos Galicia

14/02/2024 20:15

A candidata Isabel Faraldo di que nunca dubidou do apoio do fundador de Podemos

A exministra Irene Montero tamén estivo en Vigo para participar nun acto de igualdade


Rueda promete ampliar ata os 45 anos a fecundación in vitro na sanidade pública

14/02/2024 14:45

O candidato do PPdeG anuncia o seu propósito de que todas as galegas poidan conxelar óvulos no Sergas

O líder dos populares promete un bus rápido entre cidades se é elixido presidente


O BNG di que hai que atraer máis investimentos a Galicia

14/02/2024 14:30

Ana Pontón afirma que o seu plan de goberno contén as claves de como facelo

Presentounas esta mañá na sede da Confederación de Empresarios de Galicia


Besteiro confía nun amplo apoio electoral

Besteiro mostra confianza en remontar as enquisas

14/02/2024 14:15

O candidato socialista cre que as urnas estarán cheas de votos socialistas

Zapatero destaca que Besteiro é un candidato honesto e valente


Marta Lois e Íñigo Errejón, na Coruña.

Sumar salienta as súas diferenzas cos socialistas nas políticas de vivenda

14/02/2024 14:00

Íñigo Errejón acompañou a Marta Lois nun acto na Coruña

Sumar Galicia di que ofrece políticas valentes


Podemos Galicia reivindica o papel da formación morada na defensa das políticas de igualdade

14/02/2024 13:37

A exministra, Irene Montero, acompañou a candidata, Isabel Faraldo, nun encontro con técnicas de igualdade

Irene Montero di que un goberno de nacionalistas e socialistas non é garantía da verdadeira política de esquerda


Rueda comprométese a unificar todas as axudas aos autónomos nunha solicitude

13/02/2024 21:10

O candidato do PPdeG lémbralles aos outros partidos que teñen ata o venres para acordar un representante con que debater

Rueda anuncia un polo de ciencias da saúde para integrar Medicina e Farmacia


O BNG relaxa a axenda de campaña para gozar do Entroido ourensán

13/02/2024 20:45

Ana Pontón visita Verín e destaca o valor das tradicións

Os nacionalistas tamén estiveron hoxe na Mariña comprometéndose a defender o futuro de Alcoa


Besteiro pide a mobilización do electorado para conseguir a presidencia da Xunta

13/02/2024 20:25

Rodríguez Zapatero arroupou a Besteiro en Lugo e confesou sentirse orgulloso da elegancia, da convicción e do talante do candidato socialista

Besteiro dixo que os socialistas son os que saben xestionar porque teñen, afirmou, experiencia de goberno

 


Marta Lois e Íñigo Errejón, en Ourense

Sumar di que limitará os prezos dos alugueiros se chega á Xunta

13/02/2024 20:15

Sumar Galicia asegura ter políticas valentes

Marta Lois e Íñigo Errejón repartiron propaganda en Ourense


Podemos comprométese a levar á UE os problemas de accesibilidade do novo CHUAC

13/02/2024 20:00

A formación morada asegura que as obras do hospital incumpren as directrices europeas

A candidata Isabel Faraldo reuniuse coa Plataforma de Afectados, acompañada pola eurodeputada Idoia Villanueva


Por Un Mundo Máis Xusto propón medidas que teñan en conta as necesidades das persoas maiores

13/02/2024 19:43

O candidato Rafael Manuel Fernández aposta por servizos de acompañamento 

Cre imprescindibles máis prazas dispoñibles nos centros sociosanitarios


Alfonso Rueda no mitin de Lugo

Alfonso Rueda: "O único pacto que quero é coa xente"

13/02/2024 15:05

Máis de 1.000 persoas acompañan a Rueda en Lugo

O candidato do PPdeG quere poñer en marcha un centro de FP de Ciencias da Saúde


Pontón di que negociará co Estado a intervención pública de Alcoa

13/02/2024 15:00

En Burela, Ana Pontón avanzou algunhas das medidas que di que un goberno nacionalista vai impulsar na comarca da Mariña

Nun mitin na Coruña Ana Pontón di que vai mobilizar a vivenda baleira na cidade
 


Besteiro comprométese coa mellora dos salarios e coa redución da xornada laboral

13/02/2024 14:45

O candidato do PSdeG visitou esta mañá unha empresa no polígono do Tambre, en Santiago

Besteiro asegura que haberá sopresa o 18F e confía en que os votantes progresistas votarán socialismo


Marta Lois e Íñigo Errejón en Ourense.

Sumar Galicia comprométese a fixar os prezos do alugueiro

13/02/2024 14:30

Din que son a única esquerda con políticas valientes de vivenda

Marta Lois e Íñigo Errejón reparten propaganda en Ourense

Publicidade
Publicidade
— 40 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 40 de 157 resultados.